Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40785

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A listaxes de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Asensio Barabash, Ignacio

51091630M

Libre

18, 58

Bouzas Rodríguez, Ana Isabel

78786411A

Libre

16, 20

López Ferreiro, Marcos

53300876D

Libre

56

Louro Bazarra, Ramón Agustín

78787044S

Libre

56

Rendo Sanín, Eva María

78798336Z

Libre

56

Rey Ferro, Carmelo

35453982B

Libre

58

Sande Veiga, Diego

33301064P

Libre

56

Vázquez Rodríguez, Cristina

34636433C

Libre

56

Vela Yáñez, Emma

34636216X

Libre

16, 20

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado