De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.
A listaxes de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Os aspirantes excluídos, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as
Acceso libre
Apelidos e nome |
NIF |
Quenda |
Motivo da exclusión |
Fernández Chillerón, Alicia |
29182236C |
Libre |
16, 20 |
Código |
Descrición |
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
20 |
Taxas non aboadas |