Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40437

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 4 de outubro de 2013 pola que fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia, durante os anos 2013 e 2014, de programas integrados para o emprego.

A Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia, durante os anos 2013 e 2014, de programas integrados para o emprego, establece no seu artigo 2 que o financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria se fará con cargo aos créditos dos programas: 11.03.322B.460.2 e 11.03.322B.481.2, código de proxecto 2013 00573, polos importes de 400.000 euros e 500.000 euros, respectivamente, na anualidade 2013, e 500.000 euros e 500.000 euros, respectivamente, na anualidade 2014, correspondentes a fondos finalistas transferidos.

Dado que esta orde establece que os importes fixados nas aplicacións previstas nela poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e que existen remanentes de crédito procedentes da incorporación de fondos finalistas correspondentes a saldos de exercicios anteriores que poden ser utilizados para o financiamento desta axudas, procede publicar esta ampliación de crédito, de acordo co disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas, logo da aprobación polo Consello da Xunta,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 18 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia, durante os anos 2013 e 2014, de programas integrados para o emprego, nas seguintes anualidades, aplicacións orzamentarias e contías:

Anualidade 2013.

11.03.322B.460.2 2013 00573 364.000,00 euros.

Anualidade 2014.

11.03.322B.460.2 2013 00573 264.000,00 euros.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar