Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40433

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Ganadería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Os días 11, 12, 14, 18, 19 e 21 de novembro de 2013.

4. Lugar de celebración.

Conservas Lago Panini

Alto da Portela, nº 104

36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)

5. Número de prazas.

25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 11.11.2013

17.00-20.15 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: Interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 12.11.2013

17.00-20.45 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: Fichas datos de seguridade.

Día 14.11.2013

17.00-20.45 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Día 18.11.2013

17.00-20.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 19.11.2013

17.00-20.45 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Métodos de loita.

Día 21.11.2013

17.00-20.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de roedores, pragas de aves. Métodos de loita antivectorial.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 11, 12, 14, 18, 19 e 21 de novembro de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Conservas Lago Panini

Alto da Portela, nº 104

36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 17.00-20.45 horas, agás o 11 e 18 de novembro que será de 17.00-20.15 horas.

Nº de prazas: 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59,
e-mail biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

EMPRESA............................................................................................................................................

CIF........................................................................................................................................................

ENDEREZO..........................................................................................................................................

LOCALIDADE.......................................................................................................................................

TELF....................................................................FAX...........................................................................

CORREO ELECTRÓNICO...................................................................................................................

APELIDOS...........................................................................................................................................

NOME..................................................................................................................................................

NIF........................................................................................................................................................