Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40033

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (358/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 358/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Marqués Barreiro contra Novafrigsa, S.A., Galiemprego ETT, S.L., Emprego Externo ETT, S.L., Adecco TT, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, desestimando a demanda interposta por Óscar Marqués Barreiro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra as empresas de traballo temporal Galiemprego ETT, S.L., Emprego Externo ETT, S.L. e Adecco, TT, S.A., que non compareceron malia estaren debidamente citadas, debo absolver e absolvo as citadas empresas das peticións contidas na demanda.

Que estimando a demanda interposta por Óscar Marqués Barreiro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra a empresa Novafrigsa, S.A., representada pola letrada Sra. Díaz Rey, e contra o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu malia estar debidamente citado, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 8 de marzo de 2013, e condeno a expresada empresa a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 31.931,92 euros. No caso de readmisión, a aboar ao traballador os salarios de tramitación en contía de 52,07 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, entenderase que procede a primeira. Absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Galiemprego ETT, S.L. e Emprego Externo ETT, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 18 de marzo de 2013

O secretario xudicial