Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40036

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (389/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 389/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Louzao Castro e José Luis Lojo Rivas contra a empresa Grúas Novo Vázquez, S.L., administración concursal de Grúas Novo Vázquez, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza: 489/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 389/2011.

Demandante: Manuel Louzao Castro e José Luis Lojo Rivas.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandada: Grúas Novo Vázquez, S.L.

Administración concursal: Sr. Vázquez Selles.

Fogasa.

Sentenza nº 485/2013.

A Coruña, 7 de agosto de 2013.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Manuel Louzao Castro e José Luis Lojo Rivas contra a empresa Grúas Novo Vázquez, S.L. e, en consecuencia, condénoa a pagar:

– A Manuel Louzao Castro, a suma de 4.063,43 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do 10 % desa suma ata o seu completo pagamento.

– A José Luis Lojo Rivas, a suma de 3.370,14 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do 10 % desa suma ata o seu completo pagamento.

– O Fogasa e a administración concursal deberanse ater ao decidido nesta resolución xudicial.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Grúas Novo Vázquez, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de setembro de 2013

A secretaria xudicial