Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de setembro de 2013 polo que se somete a información pública a modificación puntual do proxecto sectorial do Parque Empresarial de Touro (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese para os efectos e durante o prazo que logo se precisa a seguinte documentación:

– Modificación puntual do proxecto sectorial do Parque Empresarial de Touro (A Coruña): sométese a información pública polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación en horario de oficina nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, en Santiago de Compostela, e no Concello de Touro e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que estime pertinentes. Así mesmo, a documentación estará exposta, co obxecto de consulta, na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo