Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013 pola que se fai pública a adxudicación e formalización de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto; o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve; o artigo 4.2.e) do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e a Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foron formalizados os seguintes contratos:

1. Título: servizo consistente no mantemento, actualización e desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do IGVS. Expediente IGVS01-13.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto, ordinario e suxeito a regulación harmonizada.

• Data de resolución da adxudicación: 23.7.2013.

• Adxudicatario: Indra Sistemas, S.A.

• Importe: 368.000,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 12.8.2013.

2. Título: remate da obra de construcción de 52 vpp e da urbanización no barrio de Covadonga. Ourense. Expediente OU2006-010T.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data de resolución da adxudicación: 22.8.2013.

• Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

• Importe: 2.428.000,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 2.9.2013.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

P.D. (Resolución do 23 de xuño de 2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo