Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cotobade

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal por acordo do Pleno do 29 de agosto de 2013 sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, á disposición de calquera que queira examinalo, para a presentación das alegacións que se coiden pertinentes na casa do concello de Cotobade (Chan 11 Carballedo).

Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente de acordo co informe elaborado polo equipo redactor do documento.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento e terá lugar nas seguintes áreas delimitadas polas normas subsidiarias de planeamento municipal:

Solo urbano de núcleo rural: suspéndense licenzas naquelas zonas que nas normas subsidiarias de planeamento municipal teñan a clasificación de solo urbano e no Plan xeral de ordenación municipal outra diferente ou ben non se dea cumprimento ás normativas dos dous documentos.

Solo non urbanizable de núcleo rural e área de tolerancia exterior: suspéndense licenzas cando non se clasifiquen como solo de núcleo rural no Plan xeral de ordenación municipal ou ben non se dea cumprimento simultáneo ás normativas dos dous documentos.

Solo non urbanizable común: suspéndense licenzas cando non se clasifiquen como solo rústico no Plan xeral de ordenación municipal ou ben non se dea cumprimento simultáneo ás normativas dos dous documentos.

Solo non urbanizable de protección forestal, agropecuaria, ecolóxica ou do patrimonio: suspéndense licenzas cando non se clasifiquen como solo rústico de protección no Plan xeral de ordenación municipal ou ben non se dea cumprimento simultáneo ás normativas dos dous documentos.

Suspéndense licenzas, igualmente no solo urbanizable SUD-01 e nos núcleos rurais pendentes da redacción dun plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural (PENR-01, PENR-02 e PENR-03) así como os ámbitos destinados ao sistema xeral de zonas verdes previsto (SXV-ZV-003).

Cotobade, 5 de setembro de 2013

Fernando Vázquez Corbacho
Alcalde accidental