Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública sobre nave para almacén no parque empresarial de Castiñeiras.

Alfredo García Castro presentou ante esta alcaldía solicitude de cualificación ambiental de acordo co sinalado polo Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG nº 126, do 1 de xullo), de nave para almacén en parcela nº 17 da 2ª fase do parque empresarial de Castiñeiras.

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que nese tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente, no concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 2 de agosto de 2013

Félix Juncal Novas
Alcalde