Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39967

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de información pública sobre implantación de estación base de telefonía móbil no parque empresarial.

Por instancia de José Martínez Ferreiro, en representación de Telefónica Móviles España, S.A., tramítase expediente sobre solicitude de licenza para a implantación de estación base de telefonía móbil, compartindo infraestrutura existente, situada sobre a parcela número 1 da 2ª fase do parque empresarial, de conformidade coas prescricións contidas no proxecto redactado polo enxeñeiro técnico industrial, colexiado número 804, Óscar Fernández Rodríguez.

Para os efectos previstos no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública, por un período de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, período durante o cal todas aquelas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente nas oficinas xerais da casa do concello, das 9.00 ás 14.30 horas, e, de ser o caso, formular as alegacións que consideren procedentes.

Arzúa, 18 de xullo de 2013

José Luis García López
Alcalde