Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de instalación de taller de carpintaría metálica no parque empresarial do Acevedo (clave MAS/2332012).

Antonio Pérez Patiño, actuando en nome de Fresno Metal, S.L., solicitoulle a esta alcaldía licenza de actividade para un proxecto de instalación de taller de carpintaría metálica (clave MAS/2332012), localizado na parcela 12 do parque empresarial do Acevedo, en Cerceda.

De acordo co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade poidan examinar o expediente na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello; así mesmo, poderán formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique este edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 12 de setembro de 2013

José García Liñares
Alcalde