Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1376/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 1376/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Talleres Domínguez, S.A. (Tadosa), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre reintegro de prestacións-seguridade social, se ditou a seguinte sentenza:

«Que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Talleres Domínguez, S.A., debo condenar e condeno a empresa Talleres Domínguez, S.A. a que lle reintegre á Mutua a cantidade de 431,17 euros en concepto de asistencia sanitaria derivada do proceso de incapacidade temporal aboadas por ela ao traballador Domingo Antonio Oreiro Rodríguez, consecuencia do accidente de traballo sufrido o 14 de maio de 2008, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantías de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Talleres Domínguez, S.A.-Tadosa, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de setembro de 2013

A secretaria xudicial