Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39828

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas do Programa bonos de innovación (códigos de procedemento IN851A e IN851B).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro de 2013, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 37306, artigo 3.2, onde di: «As solicitudes das pemes dos bonos para a preparación de propostas de proxectos de I+D+i nacionais e internacionais (código IN851B, anexo II), deberán presentarse dentro do prazo dun mes desde que se reciba a comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria ou da comunicación da concesión da axuda no caso de programas nacionais e permanecerá aberto durante toda a vixencia do Programa», debe dicir: «As solicitudes das pemes dos bonos para a preparación de propostas de proxectos de I+D+i nacionais e internacionais (código IN851B, anexo II) deberán presentarse dentro do prazo dun mes desde que se reciba a comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria ou da comunicación da concesión da axuda no caso de programas nacionais e permanecerá aberto durante toda a vixencia do Programa pero, para evitar que as propostas xa presentadas ao longo de 2013 non poidan acceder a estes incentivos, de xeito excepcional por un período de catro meses poderanse solicitar os bonos de innovación sen ter en conta o prazo transcorrido desde esta comunicación».

Na páxina 37320, artigo 4, onde di: «As pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, empresas que ocupan polo menos 250 persoas e cun volume de negocios anual que non excede 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non excede 43 millóns de euros», debe dicir: «As pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cun volume de negocios anual que non excede os 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non excede os 43 millóns de euros».

Na páxina 37321, artigo 6 do anexo II, onde di: «As solicitudes deberán presentarse dentro do prazo dun mes desde que se reciba a comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria ou da comunicación da concesión da axuda no caso de programas nacionais», debe dicir: «As solicitudes deberán presentarse dentro do prazo dun mes desde que se reciba a comunicación do organismo internacional que permita a comprobación da superación dos limiares de valoración fixados na convocatoria ou a comunicación da concesión da axuda no caso de programas nacionais. Para evitar que as propostas xa presentadas ao longo de 2013 non poidan acceder a estes incentivos, de xeito excepcional por un período de catro meses poderanse solicitar os bonos de innovación sen ter en conta o prazo transcorrido desde esta comunicación».