Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39827

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2013 polo que se aproba o Plan de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

O Plan de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa elaborouse para dar cumprimento ao previsto no artigo 26 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto 1332/2012, do 14 de setembro.

Este plan ten por obxectivo xeral minimizar os efectos negativos ambientais, económicos e sociais de eventuais situacións de seca, no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, a través das medidas que nel se conteñen.

Con fundamento no exposto, o plan foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 1.8.2013, polo que,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 1.8.2013, que a continuación se transcribe:

«Aprobar o Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia-Costa».

O texto do dito plan estará a disposición pública na páxina electrónica do organismo de bacía: www.augasdegalicia.es

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia