Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas pola contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, reguladas na Orde do 11 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril), relativa ao expediente TR347H 2008/000024-1 e tres máis.

Intentada a notificación das citadas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 12 de setembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2008/000024-1.

Nome ou razón social: Lagüela Orosa, Xosé Manoel.

DNI/NIF: 32791389J.

Último enderezo coñecido: rúa Orzán, 68, baixo, 15003 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000128-1.

Nome ou razón social: Servanza, S.L.

DNI/NIF: B15862451.

Último enderezo coñecido: Alfredo Brañas, 33, 1º B, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000162-1.

Nome ou razón social: Mouronte Liz, Mª Carmen.

DNI/NIF: 32626980P.

Último enderezo coñecido: César Alvajar Diéguez, 1, 5 B, 15009 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artículo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000215-1.

Nome ou razón social: Valoraciones Rocatasa, S.L.

DNI/NIF: B70137302.

Último enderezo coñecido: Juan Flórez, 132, 8º esq., 15005 A Coruña.