Intentada a notificación da citada resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 12 de setembro de 2013
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347E 2008/000109-1.
Nome ou razón social: Gestal Sanmartín, José Antonio.
DNI/NIF: 33295835T.
Último enderezo coñecido: rúa do Xeixo, 1, 1º B, 15895 Ames (A Coruña).
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.