Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39760

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

A formación profesional para o emprego ten entre as súas finalidades proporcionarlles ás persoas traballadoras, especialmente ás ocupadas a formación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, co fin de que obteñan os coñecementos e prácticas adecuados aos requirimentos que en cada momento precisen as empresas, e permita compatibilizar a súa maior concorrencia coa mellora da capacitación profesional e promoción individual do traballador.

Constitúen principios xerais da formación dirixida a persoas traballadoras ocupadas: o protagonismo dos axentes sociais no seu desenvolvemento; a unidade de mercado de traballo e a liberdade de circulación dos traballadores e traballadoras no desenvolvemento das accións formativas, tanto dentro do territorio español como no ámbito da Unión Europea e a consideración desta formación como instrumento esencial para garantir a formación ao longo da vida.

O Regulamento (CE) nº 1081/2006, do 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (CE) nº 396/2009, do 6 de maio de 2009, sinala que o Fondo Social Europeo apoiará, entre outras, as accións nos Estados membros encamiñadas a facilitar o acceso ao emprego e a inserción no mercado de traballo, as políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral.

O Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello define os obxectivos a cuxa consecución deben contribuír os fondos comunitarios, entre os cales figuras as prioridades comunitarias a prol dun desenvolvemento sustentable, potenciando o crecemento, a competitividade e o emprego.

O Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión establece as normas sobre o uso do Fondo Social Europeo, información e publicidade, sistemas de xestión e control e publicidade.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento. Inclúe esta lei dentro do ámbito da formación profesional, entre outras ensinanzas, as orientadas á formación dos/as traballadores/as ocupados/as nas empresas, que permitan a adquisición e actualización permanente das competencias profesionais.

O Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, modificado polo Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, ten como obxecto ofrecer aos traballadores, tanto ocupados como desempregados, unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo e que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores, de forma que os capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e para o acceso ao emprego. Entre as iniciativas que recolle o citado real decreto, figuran os plans de formación dirixidos prioritariamente a traballadores ocupados, que se regulan nesta orde de convocatoria.

De conformidade co dito real decreto os servizos públicos de emprego das comunidades autónomas deberán especificar en cada convocatoria as accións formativas que teñan carácter prioritario, sen prexuízo das sinaladas polas comisiones paritarias sectoriais. As accións formativas prioritarias deben tratar de anticipar a formación ao novo modelo produtivo, apostando polos sectores máis innovadores.

A Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, modificada parcialmente pola Orde ESS/1727/2012, do 2 de agosto, desenvolve a formación de oferta co obxectivo de integrar e dar un tratamento coherente e unitario a toda a formación de oferta dirixida ao conxunto dos traballadores, ocupados e desempregados, e regula as bases que deben rexer a concesión de subvencións públicas destinadas a financiar esta formación polas diferentes administracións públicas no seu ámbito de xestión.

O II Plan galego de formación profesional defínese basicamente como un plan que concibe integralmente a política de cualificacións e da formación profesional. Este carácter integral implica, en canto aos fins, seguir avanzando cara á constitución dun sistema de formación profesional integrado en Galicia e supón tamén considerar como beneficiario deste plan o conxunto da poboación activa. Para acadar estes obxectivos, o plan articúlase a través de catro liñas estratéxicas de actuación que inciden na integración dos sistemas de cualificacións e formación profesional, no óptimo aproveitamento dos recursos e da xestión, na calidade e innovación e na promoción da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

O Acordo galego de formación profesional continua, asinado o 29 de marzo de 2004 entre a Xunta de Galicia e os axentes sociais máis representativos de Galicia, ten como un dos seus obxectivos principais a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción.

O Acordo do diálogo social en Galicia asinado o 30 de xullo de 2010 recolle que nun contexto como o da actual situación económica, as distintas políticas activas de emprego en xeral e a formación en particular son unha prioridade para as administracións públicas, polo que a formación para o emprego constitúe un instrumento insubstituíble para mellorar a cualificación e a empregabilidade dos traballadores e a competitividade das empresas.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 5.2 que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se axusta esta disposición.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos que teñen carácter básico, polo que son de aplicación á normativa nesta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

A Orde TIN 2965/2008, do 14 de outubro, modificada pola Orden TIN 788/2009 e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo, determina os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013.

O Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro, crea e regula o funcionamento da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, co obxecto de poñer en funcionamento a formación profesional continua en Galicia dentro do novo ámbito competencial e de xestión.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria elévase a 6.500.000,00 € e farase con cargo aos créditos dos programas 11.03.323b.481.0, e con cargo aos créditos do programa 11.03.323b.471.0, rexistrados cos códigos de proxecto 2009.01009 e 2013.00493. Este importe será obxecto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

As axudas previstas na presente orde poderán cofinanciarse polo Fondo Social Europeo (FSE) de acordo coas disposicións xerais establecidas no Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006 e pola Administración xeral do Estado, dentro do programa operativo plurirrexional Adaptabilidade e emprego número 2007ESO5UPO001, imputables ao novo período de programación dos fondos estruturais 2007-2013.

Na súa virtude, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico.

Artigo 2. Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións

1. As subvencións que se concedan ao amparo desta convocatoria terán como finalidade financiar os plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Artigo 3. Prazo de execución dos plans de formación

Os plans de formación poderán executarse desde o día 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014 e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

Porén, cando os plans de formación inclúan accións vinculadas aos certificados de profesionalidade, estas só se poderán executar a partir da notificación da resolución de concesión da subvención.

En calquera caso, todos os gastos correspondentes ao exercicio 2013 deberán xustificarse antes do 30 de decembro de 2013. Naquelas accións que rematen no ano 2013, os gastos deberán xustificarse antes do día 30 de decembro de 2013.

Artigo 4. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición de competencias profesionais, teóricas e/ou prácticas, estruturadas nunha unidade pedagóxica con obxectivos, contidos, duración e metodoloxía propia. A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais. Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita esta acción.

As accións formativas non poderán ter unha duración inferior a 10 horas nin superior a 270 horas salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación por causas debidamente xustificadas.

A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias e 40 semanais, calquera que sexa a modalidade de impartición.

2. Segundo o artigo 33 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na totalidade das actividades formativas de formación profesional para o emprego ou de inserción laboral activa financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar introducirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, dos incluídos na relación anexa, cunha duración de cinco horas nas accións formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas e de dez horas nas accións formativas de duración superior a cincuenta horas. O alumnado deberá realizar o dito módulo agás que acredite documentalmente estar en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade, de duración igual ou superior ás horas que debe realizar.

Código

Descrición

Horas

FCOXXX11

Formación para a igualdade

5

FCOXXX15

Formación para a igualdade

10

(A documentación de referencia destes módulos poderá consultarse en:
http://traballoebenestar.xunta.es/formacionparaoemprego/modulostransversais).

3. Coa finalidade de seguir as recomendacións do Fondo Social Europeo sobre módulos transversais, poderanse financiar dentro das accións formativas módulos de sensibilización ambiental e alfabetización informática: internet, que se atopen dentro da relación anexa.

Código

Descrición

Horas

FCOA02

Sensibilización ambiental

9

FCOI01

Alfabetización informática: internet

10

(A documentación de referencia destes módulos poderase consultar en:
http://traballoebenestar.xunta.es/formacionparaoemprego/modulostransversais).

4. O alumnado que teña xa cursado algún destes módulos da Dirección Xeral de Emprego e Formación, non poderá volver a realizalo.

5. Os módulos transversais deberán impartirse ao final da acción formativa salvo que debido a circunstancias excepcionais debidamente xustificadas o autorice previamente a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

6. As modalidades de impartición poderán ser as seguintes:

– Presenciais.

– Teleformación.

– Mixtas.

Cando a formación se desenvolva en todo ou en parte mediante teleformación esta modalidade de impartición deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado para os participantes e o seguimento e avaliación destes.

A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial, e deberá cumprir os requisitos de accesibilidade e deseño establecidos na regulación dos certificados de profesionalidade. Os titores-formadores que impartan formación na modalidade de teleformación deberán contar con formación ou experiencia acreditadas nesta modalidade. No caso de formación vinculada a certificados de profesionalidade, ademais deberán cumprir as prescricións específicas que se establecen para cada certificado de profesionalidade.

Así mesmo, os titores-formadores que impartan formación mediante teleformación, deberán acreditar unha formación de polo menos 30 horas ou experiencia nesta modalidade e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación.

Para garantir o cumprimento e a calidade na modalidade de teleformación dos certificados de profesionalidade, na planificación da acción formativa establecerase un mínimo de dedicación do titor-formador de 10 horas semanais por cada 20 alumnos, incluíndo as actividades presenciais requiridas.

Cada módulo formativo que se imparta, en todo ou en parte, combinado coa formación presencial, terá asignado un titor-formador coas seguintes funcións:

a) Desenvolver o plan de acollida dos grupos de alumnos segundo as características específicas das accións formativas.

b) Orientar e guiar o alumnado na realización de actividades, o uso dos materiais e a utilización das ferramentas da plataforma virtual de aprendizaxe para a adquisición das capacidades dos distintos módulos formativos.

c) Fomentar a participación do alumnado, propoñendo actividades de reflexión e debate individuais e en equipo, organizando actividades individuais e de traballo en equipo, utilizando para iso as ferramentas de comunicación establecidas.

d) Realizar o seguimento e a valoración das actividades realizadas polo alumnado, resolvendo dúbidas e solucionando problemas a través das ferramentas da plataforma virtual de aprendizaxe, axustándose á planificación establecida.

e) Realizar a avaliación do alumnado, de acordo cos criterios establecidos, participar na organización e desenvolvemento das probas de avaliación e nas sesións de avaliación e cualificación establecidas para o efecto.

f) Coordinar as titorías presenciais que, se é o caso, se realicen.

g) Participar en todas aquelas actividades que impliquen a coordinación co resto do equipo responsable da organización, xestión e desenvolvemento das accións formativas.

A modalidade de teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das accións formativas se desenvolva co apoio de tecnoloxías de información e comunicación.

As accións formativas de teleformación que inclúan probas presenciais non se considerarán modalidade mixta. O alumnado que asista a estas probas presenciais deberá estar cuberto polos seguros previstos no artigo 24.9.

As accións formativas presenciais poderán organizarse en grupos cun mínimo de 8 participantes e cun máximo de 25 participantes, salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, logo de petición da entidade impartidora, naquelas accións formativas en que participen como docentes profesionais de alto prestixio e que por motivos de economía sexa conveniente agrupar o alumnado en grupos máis numerosos.

As accións de formación desenvolvidas na modalidade de teleformación terán un mínimo de oito alumnos e disporase, como mínimo, dunha titora ou titor por cada 80 participantes.

Nas accións mixtas respectaranse os citados límites, segundo a respectiva modalidade formativa.

En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan e, se é mixta, indicarán as horas de cada unha delas.

As accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, poderán organizarse en grupos cun mínimo de 10 participantes e co número máximo de participantes para os cales foi acreditado o centro onde se imparta.

En todas as modalidades de impartición se deberán incluír evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida.

En todas as modalidades se programará un control mínimo por módulo formativo. Na modalidade de teleformación programarase como mínimo un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. Na formación mixta deberán realizarse os controis exixidos para cada unha das modalidades que a compoñan. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos.

7. Avaliación da formación.

1. Nas accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, os formadores que impartan as accións formativas levarán a cabo unha avaliación continua do alumnado, que será realizada por módulos e, se é o caso, por unidades formativas, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais.

2. A avaliación desenvolverase sistematicamente, axustándose a unha planificación previa en que constarán, polo menos, para cada módulo e, se é o caso, unidade formativa, unha estimación das datas previstas para a avaliación, os espazos en que esta se levará a cabo, os instrumentos de avaliación que serán utilizados e a duración que comporta a súa aplicación.

3. Os resultados de aprendizaxe que se deben comprobar nos módulos formativos estarán referidos tanto aos coñecementos como ás destrezas prácticas e habilidades recollidas nas capacidades e criterios de avaliación destes, de xeito que, no seu conxunto, permitan demostrar a adquisición das competencias profesionais.

Para obter a acreditación das unidades de competencia, será necesario superar con avaliación positiva, en termos de apto, os módulos formativos asociados a cada unha delas.

4. Os métodos e instrumentos de avaliación adecuaranse á natureza dos distintos tipos de resultados que se deben comprobar e irán acompañados dos correspondentes soportes para a súa corrección e puntuación, de xeito que se garanta a obxectividade, fiabilidade e validez da avaliación.

5. Os formadores reflectirán documentalmente os resultados obtidos polos alumnos na avaliación de cada un dos módulos formativos e, se é o caso, unidades formativas do certificado, no cal se incluirá o desempeño de cada alumno nos distintos instrumentos de avaliación aplicados, coas correccións e puntuacións obtidas neles.

6. Os formadores elaborarán unha acta de avaliación en que quedará constancia dos resultados obtidos polos alumnos. A acta, que estará asinada polo formador e pola persoa responsable do centro ou entidade en que a acción formativa se impartiu, incluirá a identificación dos alumnos co nome, apelidos, DNI e resultados en cada un dos módulos ou, se é o caso, unidades formativas, en termos de apto ou non apto.

7. Na modalidade de teleformación, ademais do establecido anteriormente con carácter xeral a todas as modalidades, a avaliación dos módulos formativos será realizada polos titores-formadores mediante un seguimento do proceso de aprendizaxe e unha proba de avaliación final de carácter presencial. O seguimento do proceso de aprendizaxe incluirá a análise das actividades e traballos presentados na plataforma virtual e realizados ao longo da acción formativa así como a participación nas ferramentas de comunicación que se establezan. Os criterios de avaliación establecidos de forma cuantificada de cada unha das actividades que interveñen no proceso de aprendizaxe aplicaranse segundo o definido no proxecto formativo.

8. O seguimento e avaliación dos alumnos no módulo de formación práctica en centros de traballo, será realizada conxuntamente polos titores designados polo centro de formación e pola empresa.

Os alumnos que superen este módulo recibirán unha certificación asinada por ambos os titores e o responsable da empresa que será preciso achegar para efectos de solicitar o correspondente certificado de profesionalidade.

9. O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá dispoñer dos seguintes documentos:

a) Planificación da avaliación, segundo se indica no número 7.2 deste artigo.

b) Os instrumentos de avaliación utilizados, cos correspondentes soportes para a súa corrección e puntuación, segundo se indica no número 7.4.

c) A documentación que recolla os resultados obtidos polos alumnos, segundo se indica no número 7.5.

d) As actas de avaliación, segundo se indica no número 7.6.

10. O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá entregar, nun prazo non superior a tres meses desde o seu remate, as actas de avaliación asinadas e os documentos onde se reflictan os seus resultados á Consellería de Traballo e Benestar, responsable de expedir o certificado de profesionalidade, que será responsable da súa custodia.

Artigo 5. Participación das persoas traballadoras

1. Poderán solicitar a súa participación nos plans de formación aprobados nesta convocatoria, ante as entidades beneficiarias, os seguintes colectivos:

A. Plans de formación intersectoriais.

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas privadas ou entidades públicas empresariais e coticen á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras que se encontren nalgunha das seguintes situacións:

Persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

Persoas traballadoras que accedan á situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

Persoas traballadoras acollidas a regulación de emprego nos seus períodos de suspensión de emprego por expediente autorizado.

c) O persoal ao servizo das administracións públicas cun límite dun 10 % do total de participacións de cada plan.

B. Plans de formación intersectoriais dirixidos a autónomos.

As persoas traballadoras incluídas no réxime especial de autónomos, do mar e outros de seguridade social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

C. Plans de formación intersectoriais dirixidos a traballadores e socios de economía social.

As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades de economía social.

2. Tamén poderán participar as persoas traballadoras desempregadas, cun límite máximo dun 40 % e cun mínimo dun 20 % do total de participantes de cada plan. As persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas previstas no artigo 8 desta orde.

Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día en que inicie a acción formativa.

3. Colectivos prioritarios:

a) Coa finalidade de garantir o acceso aos traballadores e ás traballadoras coa maior dificultade de inserción ou de mantemento no mercado de traballo, deberán ter prioridade para participar no plan formativo os traballadores e as traballadoras ocupados pertencentes aos seguintes colectivos: as persoas traballadoras de pequenas e medianas empresas, mulleres, afectados e vítimas do terrorismo e da violencia de xénero, maiores de 45 anos, as persoas traballadoras con baixa cualificación e persoas con discapacidade.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de pequenas e medianas empresas (pemes), as que empreguen menos de 250 persoas, cun volume de negocio anual que non exceda os 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non exceda os 43 millóns de euros e que cumpran o criterio de independencia. Consideraranse empresas independentes aquelas en que o 25 % ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de peme.

b) Os desempregados pertencentes aos seguintes colectivos: mulleres, mozos, persoas con discapacidade, afectados e vítimas do terrorismo e da violencia de xénero, desempregados de longa duración, maiores de 45 anos e persoas con risco de exclusión social.

4. A taxa de participación de mulleres no conxunto de cada plan formativo deberá ser, sempre que sexa posible pola demanda das mulleres en cada plan formativo, de polo menos 5 puntos porcentuais superior á taxa xeral de ocupación feminina no correspondente ámbito territorial sempre que esa taxa sexa inferior ao 50 % e aplicarase unha porcentaxe inferior se con ela se chega ao 50 %.

Artigo 6. Selección de alumnado

1. A selección do alumnado participante ocupado nas accións formativas será realizada pola entidade adxudicataria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa. As solicitudes de participación deberán ser custodiadas polas entidades beneficiarias das subvencións e estar á disposición dos órganos de control.

A selección das persoas traballadoras que van participar no plan de formación realizarase atendendo ás prioridades do plan de formación e a criterios de igualdade e de obxectividade e, en todo caso, tendo en conta a seguinte orden de prelación:

Primeiro: persoas traballadoras ocupadas pertencentes aos colectivos prioritarios.

Segundo: persoas traballadoras ocupadas pertencentes a colectivos non prioritarios.

Terceiro: persoas traballadoras desempregadas.

As entidades beneficiarias poderán realizar convocatoria pública, que deberá publicarse en domingo, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da Comunidade Autónoma. No anuncio en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita o da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro impartidor.

2. As persoas desempregadas participantes deberán estar inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego e serán propostas por estes, a través do seguinte procedemento:

a) Con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección, as entidades beneficiarias solicitaranlle directamente á oficina de emprego que corresponda, mediante o impreso normalizado establecido para o efecto, unha lista de persoas desempregadas que se adecuen ao perfil requirido para a realización de cada curso, en función dos requisitos de acceso do/a alumno/a ao curso.

b) A oficina de emprego, mediante sondaxe entre as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego, seleccionará dúas persoas por praza vacante en cada curso e convocará, mediante carta certificada ou telegrama con xustificante de recepción, as persoas demandantes preseleccionadas para que asistan á proba de selección que deberá realizar o centro ou entidade de formación. Esta proba de selección deberá ser visada previamente pola oficina de emprego. O centro ou entidade de formación non debe predeterminar o colectivo a que vai dirixido o curso polo que se limitará a identificar os requisitos de acceso do alumnado.

c) Remitida a lista ao centro ou entidade solicitante, esta procederá á selección dos/as alumnos/as preseleccionados/as mediante a realización das probas que considere pertinentes, de conformidade cos criterios predeterminados na solicitude, que deberán poñerase en coñecemento dos/as candidatos/as antes da súa realización. Da selección levantarase a correspondente acta no modelo normalizado establecido para o efecto.

A acta de selección, cuberta en todas as epígrafes do modelo normalizado, remitirase á oficina de emprego, xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos criterios de acceso para os supostos de especialidades correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3; non será posible iniciar o curso ata que a antedita oficina dea o visto e prace á selección realizada.

d) As persoas demandantes propostas pola oficina de emprego só poderán ser rexeitadas para a realización do curso cando concorran causas que así o determinen e sexan fidedignamente xustificadas polo centro ou entidade e neste sentido o aprecie a oficina de emprego propoñente. Se se detecta o inicio dun curso sen que a selección do alumnado fose autorizada pola oficina de emprego, este será suspendido cautelarmente.

e) No caso de que transcorran 15 días desde a petición de candidatos/as por parte do centro ou entidade de formación e a oficina de emprego non remita demandantes, ou os enviados sexan insuficientes, a entidade poderá seleccionar directamente os/as desempregados/as ou realizar a correspondente convocatoria pública mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe da provincia. Estes anuncios deberán cumprir cos seguintes requisitos:

– Todas as convocatorias públicas para a selección de alumnos que se fagan mediante anuncio en prensa deberán publicarse en domingo. Excepcionalmente, estes anuncios poderán publicarse en día distinto a domingo, logo de autorización da Dirección Xeral de Emprego e Formación ou da correspondente xefatura territorial, segundo proceda.

Cando a entidade realice a selección deberá remitir á oficina de emprego a acta de selección para que esta formación conste na demanda do alumno.

3. No caso de formación conducente á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, corresponderalle á entidade beneficiaria comprobar os requisitos de acceso do alumnado aos módulos formativos que se determinen nos correspondentes certificados de profesionalidade.

As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do seu primeiro cuarto. Se se trata de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade unicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros cinco días lectivos desde o inicio da acción formativa, sempre que non se superase o primeiro cuarto.

Se durante a impartición dunha acción formativa sobrevén unha redución do alumnado, sen que se poidan dar novas altas, nunha cantidade superior ao 50 % do número programado, a entidade beneficiaria poderá solicitar á Consellería de Traballo e Benestar a súa suspensión. No caso de suspensión, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración e aprobada pola persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, calculada de acordo co principio de proporcionalidade, que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados.

Aqueles alumnos e alumnas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma, non poderán volver realizar a mesma acción formativa.

Artigo 7. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta en todo caso para todo o alumnado das accións formativas incluídas nesta orde.

2. Terán a obriga de realizar e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada pola entidade beneficiaria. Na modalidade presencial, no caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno ou alumna superen o 25 % das horas lectivas, deberá ser dado/a de baixa na acción formativa. Na modalidade de teleformación ou na parte correspondente a esta modalidade na formación mixta serán dados de baixa cando o alumno ou alumna non realicen o 75 % das avaliacións.

3. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

• Modalidade presencial: asistir e superar con aproveitamento o 75 % da acción formativa e o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización.

• Modalidade de teleformación: superar con aproveitamento o 75 % das avaliacións da parte da acción formativa e o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización.

• Modalidade mixta, superar o 75 % das avaliacións non presenciais da acción formativa. Superar o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización, na modalidade en que se imparta. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75 %. No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66 % se hai tres sesións ou 50 % se hai dúas). En calquera caso, nun curso mixto o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

• A Dirección Xeral de Emprego e Formación determinará o modelo do diploma e nel deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) Denominación da acción formativa.

c) Horas de impartición con especificación das horas presenciais ou de teleformación, se é o caso.

d) Lugar e datas de realización.

e) Programa da acción formativa extractado por módulos.

f) Logotipo da Xunta de Galicia e da Unión Europea (FSE).

g) Módulo de igualdade, agás que estea exento.

4. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se o solicita, unha certificación coas horas e módulos que realice.

5. Cando a formación que se imparta conduza á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, teranse en conta os módulos formativos e requisitos que se determinen nos correspondentes certificados, aprobados en desenvolvemento da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño.

Esta formación certificarase nos termos establecidos na citada lei e na súa normativa de desenvolvemento, e sempre que se cumpran estritamente os requisitos de alumnado, profesorado, instalacións e avaliación recollidos nos reais decretos que regulan as correspondentes certificacións.

6. O alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir, en ningún caso, a outro simultaneamente.

Artigo 8. Bolsas e axudas

1. Para ter dereito a calquera das bolsas e axudas reguladas neste artigo será requisito imprescindible que a acción formativa teña unha duración igual ou superior a catro horas diarias e vinte semanais.

Estas axudas só se percibirán cando os traballadores desempregados se deban trasladar ás sesións formativas.

2. Terán dereito ás axudas os/as alumnos/as que teñan a condición de desempregados, inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na data de inicio do curso.

No suposto de que a situación de desemprego teña lugar con posterioridade ao inicio do curso, terán dereito a percibir as axudas a partir do primeiro día do mes seguinte ao que teña lugar esta situación.

No suposto de que o/a alumno/a desempregado/a adquira a condición de ocupado/a durante a realización do curso, deixará de percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a que teña lugar esta situación.

3. O prazo para a solicitude das bolsas é de dez días naturais desde a incorporación do/a alumno/a á acción formativa ou desde que teña lugar a nova situación que dea dereito a ela. A non formalización en tempo e forma desta solicitude dará lugar á perda do dereito á axuda.

4. As axudas reguladas no presente artigo son todas compatibles entre si.

5. O alumnado terá dereito a percibir as seguintes bolsas e axudas:

5.1. Poderán percibir unha bolsa consistente no 75 % do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia, os/as alumnos/as con discapacidade e aqueles demandantes que participen nunha acción formativa vinculada á realización de actividades de mellora da empregabilidade incluídas no seu itinerario de inserción, sempre que non se negaren a participar en actividades recollidas no seu IPI, segundo certificación da oficina de emprego.

Só poderá cobrarse unha axuda por este concepto, con independencia de que o/a alumno/a pertenza aos dous colectivos.

No suposto de que o recoñecemento da discapacidade teña lugar con posterioridade ao inicio da acción formativa, terán dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a que teña lugar este recoñecemento, tendo que realizar a solicitude da axuda no prazo de dez días naturais desde que ese recoñecemento tivo lugar.

Para ter dereito a esta bolsa, os/as alumnos/as deberán acreditar documentalmente que carecen de rendas de calquera clase iguais ou superiores ao 75 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido este requisito sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen sexa inferior ao 75 % do IPREM.

Entenderase por unidade familiar: en caso de matrimonio o pai, a nai e os fillos menores de 18 anos, con excepción dos que con consentimento dos seus pais vivan independentes deles, ou os maiores incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. En defecto de matrimonio ou en supostos de separación legal, o pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos sinalados no parágrafo anterior. Deberá achegarse certificado de convivencia ou, no seu defecto, de empadroamento e copia do libro de familia. Para os estranxeiros que non teñan libro de familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o parentesco.

As rendas calcularanse tendo en conta o seguinte:

Para os traballadores por conta allea:

– Tomaranse os ingresos brutos do mes anterior ao inicio do curso ou do mes anterior a que se produza o feito causante que dea dereito á axuda, segundo o caso.

– As pagas extraordinarias ratearanse mensualmente.

– As horas extraordinarias correspondentes a ese mes computaranse na súa totalidade.

– As axudas de custo non se terán en conta (agás naqueles casos en que o seu volume e periodicidade mostren que se trate dunha forma habitual de pagamento dunha parte do salario).

Para os autónomos:

– Tomaranse os ingresos netos do trimestre anterior ao inicio do curso ou do trimestre anterior a que se produza o feito causante que dea dereito á axuda, segundo o caso.

– Ratearase o importe mensualmente, para obter as rendas mensuais.

Para estes efectos, computarase como renda o importe dos salarios sociais, as rendas mínimas de inserción ou as axudas análogas de asistencia social concedidas pola Comunidade Autónoma, así como o importe das prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal. Tamén terán a consideración de renda os ingresos correspondentes a rendementos patrimoniais, pensións e calquera outro tipo de ingresos percibidos.

A variación de rendas non se considerará circunstancia sobrevida para os efectos de xerar dereito á percepción das axudas.

5.2. Axudas de transporte:

1. Transporte público urbano: os/as alumnos/as que utilicen a rede de transporte público urbano para asistir á formación terán dereito a percibir unha axuda consistente en 1,5 € por alumno/a por día de asistencia. Para ter dereito á súa percepción deberán facer unha declaración responsable de que utilizan o transporte público urbano para asistir ao curso.

2. Transporte público interurbano: o alumnado que resida nun concello distinto ao da impartición da acción formativa terá dereito a percibir unha axuda consistente en 6 € por alumno/a por día de asistencia. Para ter dereito á súa percepción deberán facer unha declaración responsable de que utilizan o transporte público interurbano para asistir a acción formativa, xunto cunha certificación municipal de residencia.

5.3. Axudas á conciliación: as axudas previstas neste parágrafo teñen por obxecto permitir ás persoas desempregadas conciliar a súa asistencia á formación co coidado de fillos menores de 6 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao, sempre que ao inicio da acción formativa cumpran os requisitos seguintes:

– Non ter rexeitado ofertas de traballo axeitadas nin terse negado a participar en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional no ano anterior ao inicio da acción formativa.

– Carecer de rendas de calquera clase superiores ao 75 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido este requisito sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen non supere o 75 % do IPREM.

No relativo á determinación da unidade familiar e das rendas, terase en conta o disposto no punto 5.1.

No suposto de que o suxeito causante da axuda sexa un familiar ata segundo grao, este entenderase incluído na unidade familiar para o cómputo de rendas.

No suposto de que o fillo naza ou se acredite a dependencia con posterioridade ao inicio da acción formativa, terán dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que esta teña lugar.

A dependencia acreditarase a través do certificado da dependencia emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou por resolución xudicial.

A contía da axuda á conciliación será do 75 % do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia.

5.4. Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Durante o tempo de participación nunha acción formativa, as mulleres vítimas de violencia de xénero terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia.

No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan solicitado confidencialidade dos seus datos, a axuda deberá solicitarse a través do seu titor.

A axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero será compatible co resto das axudas ao alumnado previstas nesta orde.

Para aquelas axudas en que se establezan límites de rendas da unidade familiar para a súa percepción, quedan excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor.

5.5. Os/as alumnos/as deberán comunicar calquera cambio que afecte as circunstancias que deron lugar ao recoñecemento das distintas axudas reguladas no presente artigo.

Capítulo II
Plans de formación e entidades solicitantes

Artigo 9. Plans de formación

a) Plans de formación intersectoriais, dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, integrados por accións formativas dirixidas á aprendizaxe de competencias transversais a varios sectores da actividade económica ou de competencias específicas dun sector para a reciclaxe e recualificación de traballadores/as doutros sectores, incluída a formación dirixida á capacitación para a realización de funcións propias da representación legal dos/as traballadores/as.

O financiamento destes plans de formación elévase a 5.000.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.323b.481.0.

Un 50 % dos fondos dispoñibles destinarase ao financiamento dos plans presentados polo grupo de organizacións empresariais e o 50 % restante aos presentados polo grupo de organizacións sindicais.

b) Plans de formación intersectoriais dirixidos a traballadores/as e socios/as da economía social sempre que acheguen actividade económica.

O financiamento destes plans de formación elévase a 162.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.323b.481.0.

c) Plans de formación intersectoriais dirixidos a persoas traballadoras autónomas.

O financiamento destes plans de formación elévase a 195.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.323b.481.0.

d) Plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, segundo a relación contida no anexo III por centros ou entidades de formación privados acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma.

Nestes plans de formación, unha acción formativa corresponderase cun módulo de formación completo. Poderase solicitar un único grupo de 15 alumnos por cada acción formativa solicitada.

O financiamento destes plans de formación elévase a 1.142.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.323b.471.0.

Artigo 10. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

1. Poderán ser beneficiarias da concesión de subvencións para a execución dos plans sinalados no artigo anterior, as seguintes entidades:

A) Para os plans de formación intersectoriais, as organizacións empresariais e sindicais intersectoriais máis representativas no ámbito autonómico, con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente aos colectivos de traballadores e socios de economía social, sempre que acheguen actividade económica, as confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social, todas elas de carácter intersectorial e con suficiente implantación no ámbito autonómico.

C) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente ao colectivo de autónomos, poderán ser beneficiarias da subvención as entidades asociativas de traballadores autónomos de carácter intersectorial e cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma, e, así mesmo, as organizacións recollidas no artigo 21.5 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, con representatividade no ámbito autonómico.

Terán prioridade as asociacións representativas de autónomos con maior implantación no territorio da Comunidade Autónoma.

Para os efectos desta orde, enténdese por entidade asociativa de traballadores autónomos de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos. Estas entidades para ser beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente e estar legalmente constituídas.

b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

Non poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde aquelas entidades asociativas de traballadores autónomos que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen a solicitude.

As entidades beneficiarias das alíneas B) e C) deberán acreditar a suficiente implantación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, acreditando os seguintes extremos:

Un. Sedes permanentes na Comunidade Autónoma e cun ano de anterioridade á publicación da orde.

Dos. Recursos humanos e materiais suficientes para desenvolver a súa actividade, coa especificación dos domicilios sociais e o número de traballadores que prestan os seus servizos nas confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

Tres. Número de membros das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

Catro. Declaración do solicitante sobre a veracidade da información e os datos presentados.

D) Para os plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, os centros e entidades de formación privados, acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que só poderán desenvolver os certificados de profesionalidade para os cales estean acreditados e naquelas modalidades de impartición para as cales estean acreditados.

As acreditacións dos centros e entidades de formación deberán obterse con carácter previo á publicación desta orde.

En ningún caso poderán subcontratar a actividade formativa que se vai realizar, polo que deberán dispoñer dos espazos, instalacións e recursos requiridos nos programas formativos asociados a cada un dos certificados de profesionalidade. A contratación do persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte do beneficiario non se considerará subcontratación.

2. No caso de solicitudes de asociacións integradas noutra entidade que sexa tamén solicitante, considerarase unicamente a daquela que teña un ámbito territorial máis amplo na Comunidade Autónoma. Se concorre unha asociación de ámbito autonómico integrada noutra de ámbito estatal, só poderá ser beneficiaria a asociación autonómica.

3. De conformidade co establecido no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén terán esta consideración as agrupacións formadas polas entidades previstas no punto 1 deste artigo con entidades vinculadas a elas, que teñan entre os seus fins o desenvolvemento das actividades a que se refire esta orde.

O representante ou a persoa apoderada única da agrupación deberá pertencer a algunha das entidades beneficiarias previstas no punto 1 deste artigo.

4. Non poderán obter a condición de beneficiaria as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 8 do regulamento que desenvolve a lei, aprobado por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

6. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Emprego e Formación procederá a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa de crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

7. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

8. As entidades beneficiarias das axudas concedidas, tal e como se recolle no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, autorizan a inclusión destas axudas no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e máis no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006, co contido e a forma que regulamentariamente se determine.

Capítulo III
Iniciación, instrución e resolución do procedemento

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12. Solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. As entidades solicitantes deberán presentar tanto a solicitude como o plan de formación anexo.

3. A presentación da solicitude de concesión pola persoa interesada nas subvencións reguladas nesta orde comportará a autorización á Consellería de Traballo e Benestar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e nese caso deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. A documentación que deberá acompañar á solicitude é a seguinte:

a) Tarxeta de identificación fiscal da entidade e documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante.

b) Copia dos estatutos da entidade, debidamente legalizados.

c) Acreditación da capacidade legal para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

d) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente aos colectivos de traballadores e socios de economía social, das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais, e para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos a persoas traballadoras autónomas, a acreditación do requisito de notable implantación realizarase cubrindo debidamente o anexo IV, no cal deberán constar os seguintes datos:

– As sedes permanentes que teña a entidade na Comunidade Autónoma cun ano de anterioridade á publicación da orde. A presenza permanente acreditarase por medio dos títulos de propiedade, de alugamento ou cesión de sedes, co enderezo completo e o teléfono.

– Recursos humanos e materiais suficientes para desenvolver a súa actividade, coa especificación dos domicilios sociais e o número de traballadores que prestan os seus servizos nas confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos. Para estes efectos deberá presentar, co fin de acreditar a alta na Seguridade Social dos traballadores os TC2 dos 12 meses anteriores á convocatoria.

– Número de afiliados das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

– Se a entidade está integrada noutra de ámbito superior deberá indicar o seu nome. A entidade de ámbito superior deberá certificar que a de ámbito inferior está integrada nela.

Se a entidade solicitante é unha federación ou confederación deberán presentar unha relación das entidades que a integran.

Nas confederacións, federacións e asociacións de autónomos, as entidades integrantes que se terán en conta para efectos de representatividade, serán as que representen exclusivamente autónomos.

e) Declaración do solicitante sobre a veracidade da información e os datos presentados.

f) Relación de entidades que se subcontratarán, coas cales estea previsto que se executen a totalidade ou parte do plan de formación, con indicación, se é o caso, das que estean vinculadas á entidade beneficiaria, indicarase o método seguido para a súa selección, e achegarase xustificación da súa solvencia técnica e eficiencia económica.

5. No impreso de solicitude deberanse facer constar, polo menos, os seguintes datos:

– Nome e razón social do/a solicitante.

– Identificación ou sinatura da persoa representante legal autorizada que formula a solicitude.

– Contía da subvención solicitada.

6. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os seguintes datos:

a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de beneficiario segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para a mesma acción formativa, ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

c) Que os lugares de impartición dos cursos son aptos para esa finalidade.

d) A veracidade da información e dos datos achegados na solicitude e que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, logo de petición dela, a documentación acreditativa a que se refire a presente declaración responsable.

Artigo 13. Documentación técnica

Sen prexuízo da documentación a que fai referencia o artigo 12 desta orde, coa solicitude presentarase a seguinte documentación técnica:

1. Plan de formación que deberán conter, polo menos, a seguinte información:

1.1. Plans de formación intersectoriais:

a) Ámbito de aplicación do plan.

b) Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidade.

c) Accións formativas que se van desenvolver, con indicación da familia e área profesional que corresponda. No caso de accións formativas vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais deberase indicar a que certificado ou certificados de profesionalidade van dirixidos. Deberán incluír os módulos transversais, se é o caso.

d) Número de alumnas/os por acción formativa.

e) Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios do FSE, categorías ou grupos profesionais.

f) Custo estimado das accións formativas.

g) Calendario previsto de execución.

h) Lugar, instalación e medios previstos para impartir as accións formativas, que no caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes deberán cumprir os requisitos que se establecen no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.

i) No caso de incluír teleformación ou formación mixta, deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma web.

Deberá presentarse unha relación priorizada das accións formativas solicitadas por grupos e accións.

1.2. Plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade:

a) Obxectivos do plan, contidos, metodoloxía e modalidade.

b) Accións formativas que se van desenvolver.

c) Número de alumnas/os por acción formativa, que en ningún caso poderá ser superior ao número para o cal o centro foi acreditado.

d) Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios do FSE, categorías ou grupos profesionais.

e) Custo estimado das accións formativas.

f) Calendario previsto de execución.

g) No caso de incluír teleformación ou formación mixta, deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma web.

Deberá presentarse unha relación priorizada das accións formativas solicitadas por grupos e accións.

2. Memoria xustificativa sobre a capacidade técnica do solicitante para a xestión do plan que solicita, indicando os recursos técnicos e materiais de que dispón a entidade solicitante e, de ser o caso, os da entidade que participa no desenvolvemento do plan formativo.

Artigo 14. Requirimentos

Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá a entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Artigo 15. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor do procedemento é a Dirección Xeral de Emprego e Formación.

2. Recibidas as solicitudes a comisión de valoración procederá ao seu estudo, e á cualificación, e, unha vez analizada a documentación achegada polos/as solicitantes, emitirá informe sobre os expedientes aplicando os criterios de valoración establecidos nesta orde.

3. Unha vez puntuados os expedientes pola comisión de valoración, serán postos á disposición da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, como órgano executivo para a consecución dos obxectivos establecidos no Acordo galego da formación profesional continua.

4. As entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A presentación da solicitude de concesión de axudas ou subvencións pola entidade interesada comportará autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral de Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, de acordo co establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, e neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

5. Á vista dos expedientes e dos informes preceptivos que se emitan, a Dirección Xeral de Emprego e Formación, como órgano instrutor, formulará proposta de resolución.

6. A comisión de valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego, que a presidirá, e serán vogais dúas persoas que sexan técnicos da Dirección Xeral de Emprego e Formación, unha das cales actuará como secretario ou secretaria.

7. Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non pode asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Artigo 16. Criterios de valoración

Teranse en consideración para a valoración técnica dos plans de formación profesional para o emprego que se van executar a través da subscrición de convenios, os seguintes criterios de puntuación:

1. Plans de formación intersectoriais:

a) En relación coa adecuación da oferta formativa das accións que integran o plan: ata 50 puntos.

a.1) Adecuación das accións formativas do plan ás necesidades do mercado de traballo, tendo en conta o ámbito intersectorial do plan: ata 30 puntos.

a.2) Accións formativas incluídas no anexo III (Accións formativas priorizadas intersectoriais): 10 puntos.

a.3) Inclusión de áreas prioritarias (consideraranse áreas prioritarias as relativas á internacionalización da empresa, o emprendemento, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico dos procesos produtivos): ata 10 puntos.

b) En relación coa capacidade acreditada da entidade solicitante para impartir o plan presentado: ata 35 puntos.

b.1) Experiencia acreditada da entidade solicitante en formación de persoas traballadoras ocupadas: ata 15 puntos.

b.2.) Medios persoais propios ou alleos postos á disposición para a execución do plan: ata 15 puntos.

b.3) Eficiencia económica do plan en función do custo-hora participante previsto: ata 5 puntos.

c) En relación cos aspectos técnicos das accións formativas que integran o plan de formación, teranse en conta os seguintes aspectos das accións formativas: ata 20 puntos.

c.1) Acreditación das accións formativas: ata 10 puntos.

c.2) Planificación didáctica e da avaliación do aprendizaxe: ata 10 puntos.

d) O emprego da lingua galega na realización das accións formativas: 5 puntos.

e) Certificación do sistema de xestión de calidade ISO 9001 ou plan de mellora EFQM, se se achega: 5 puntos.

Terase en conta o grao de execución e cumprimento das condicións nas cales se outorgou a subvención, acreditado polo solicitante na última convocatoria de plans de oferta liquidada e poderanse reducir polas ditas causas ata un 10 % de valoración técnica.

2. Plans de formación específicos nos cales se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade:

a) En relación coa adecuación da oferta formativa ás accións prioritarias definidas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación no anexo III (Accións formativas priorizadas plans específicos): ata 30 puntos.

b) En relación coa capacidade acreditada da entidade solicitante para impartir o plan presentado: ata 35 puntos.

b.1) Experiencia acreditada da entidade solicitante en formación de persoas traballadoras ocupadas: ata 10 puntos.

b.2) Experiencia acreditada da entidade solicitante nas especialidades formativas para as cales solicita financiamento: ata 10 puntos.

b.3.) Medios persoais propios ou alleos postos á disposición para a execución do plan: ata 10 puntos.

b.4) Eficiencia económica do plan en función do custo-hora participante previsto: ata 5 puntos.

c) En relación cos aspectos técnicos das accións formativas que integran o plan de formación, teranse en conta os seguintes aspectos das accións formativas: ata 25 puntos.

c.1) Inclusión no plan de metodoloxía innovadora ou que introduza significamente as novas tecnoloxías para a impartición da acción formativa: ata 15 puntos.

c.2) Planificación didáctica e da avaliación do aprendizaxe: ata 10 puntos.

d) O emprego da lingua galega na realización das accións formativas: 5 puntos.

e) Certificación do sistema de xestión de calidade ISO 9001 ou plan de mellora EFQM, se se achega: 5 puntos.

Terase en conta o grao de execución e cumprimento das condicións nas cales se outorgou a subvención acreditado polo solicitante na última convocatoria de plans de oferta liquidada e poderase reducir polas ditas causas ata un 10 % de valoración técnica.

Nos plans de formación específicos concederase un máximo de 5 accións formativas (módulos formativos).

3. Serán financiados os plans de formación que superen a puntuación da valoración técnica que, en función das solicitudes presentadas e recursos dispoñibles sexa aprobada pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Artigo 17. Determinación do importe da subvención

1. Para os convenios de execución de plans de formación, a subvención que se concederá determinarase tendo en conta:

a) Conxunto das subvencións solicitadas.

b) A valoración técnica obtida polo respectivo plan de formación, segundo os criterios recollidos no artigo 16 desta convocatoria.

c) Así mesmo, teranse en conta os módulos económicos máximos establecidos nesta orde, e o volume da actividade formativa que a/o solicitante se compromete a realizar no marco do cofinanciamento do Fondo Social Europeo, de maneira que a subvención resultante sexa maior canto maior sexa o número de participantes pertencentes aos colectivos prioritarios a que fai referencia o artigo 5 desta convocatoria.

2. As axudas previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 18. Módulos económicos máximos

1. Os módulos económicos máximos (custo por participante e hora de formación) aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento dos convenios, serán os que a seguir se establecen en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

Modalidade de impartición

Nivel de formación

Básico

Medio-superior

Presencial

6 euros

8 euros

Teleformación

5 euros

Mixta

Aplicaranse os módulos anteriores en función das horas de formación presencial ou de teleformación que teña a acción formativa

2. Excepcionalmente, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá autorizar un incremento de ata un 50 % do módulo económico superior da modalidade presencial de formación, en función da singularidade de determinadas accións formativas que pola súa especialidade e características técnicas precisen un financiamento superior.

3. Na modalidade de impartición presencial, o módulo de nivel básico aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xenéricas, que capaciten para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

4. O módulo de nivel medio-superior aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

5. O módulo de prácticas non laborais en empresas das accións formativas conducentes á obtención de novos certificados de profesionalidade, financiarase con 1,5 € por alumno/a e hora de prácticas que se destinará ao financiamento dos custos da actividade do titor das prácticas.

Artigo 19. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, por delegación da persoa titular da Consellería e deberá ser notificada ás persoas interesadas no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o citado prazo sen que recaia resolución expresa, as persoas interesadas entenderán desestimada a súa solicitude.

Dado que as axudas do programa regulado nesta orde están cofinanciadas polo FSE, na resolución de concesión informaráselle á entidade beneficiaria que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das entidades beneficiarias, das operacións, e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación que se publicará conforme o previsto no artigo 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006.

2. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

3. Á resolución de concesión xuntaráselle cada un dos convenios e o correspondente plan de formación.

4. Ao abeiro do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención na proposta de resolución sexa inferior á solicitude presentada, poderase instar do beneficiario a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable. Posteriormente, as entidades poderán facer, como máximo, dúas reconfiguracións do plan, tendo en conta que a primeira, de ser o caso, deberá facerse, como mínimo, un mes despois da notificación da resolución e a última deberá facerse, como moi tarde, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do plan.

5. A priorización das accións formativas derivadas da reconfiguración do plan executarase ata o importe concedido. Calquera modificación desa priorización deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

6. As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Capítulo IV
Execución, xustificación de custos e liquidación

Artigo 20. Custos financiables e criterios de imputación

1. Os custos das accións formativas poderán imputarse desde un mes antes do inicio do plan. Entenderase que o plan se iniciou na data do inicio da primeira acción formativa.

En ningún caso se poderán imputar custos anteriores ao 1 de agosto de 2013.

2. Custos directos da acción formativa.

a) As retribucións das persoas formadoras internas e externas; poderanse incluír salarios, seguros sociais, axudas de custo e gastos de locomoción e, en xeral, todos os custos imputables ás persoas formadoras no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade que se imputen.

b) Os gastos de amortización de equipos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu alugamento ou arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, soportados na execución do plan formativo.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas.

c) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións formativas do plan, incluíndo o material de protección e seguridade. Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre persoal formador e participantes.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas.

d) Os gastos de alugamento, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do plan de formación.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción.

Os gastos de amortización calcularanse segundo normas de contabilidade xeralmente aceptadas, sendo aplicable o método de amortización segundo as táboas aprobadas polo Regulamento do imposto de sociedades.

e) Seguro de accidentes dos participantes.

Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

f) Gastos de transporte, manutención e aloxamento para os traballadores ocupados que participen nas accións formativas, cos límites fixados na Orde EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisa a contía dos gastos de locomoción e das axudas de custo no imposto sobre a renda das persoas físicas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

g) Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa.

3. Custos asociados á actividade formativa:

a) Consideraranse custos financiables os de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e execución do plan.

b) Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

c) Outros custos: luz, auga, calefacción, mensaxaría, correo, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa.

Estes custos deberán imputarse á beneficiaria da actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

En calquera caso, os custos asociados, igual que os custos directos, deben responder a custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

Os gastos de asesoría xurídica, así como os custos notariais, rexistrais, periciais e de administración so serán subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a adecuada preparación e execución da actividade subvencionada.

A suma dos custos asociados do plan non poderá superar o 10 por cento dos custos da actividade formativa, agás accións formativas vinculadas directamente a posta en marcha das accións prioritarias previstas no anexo III desta orde; neste caso, poderá ampliarse esa porcentaxe ata o 15 por cento dos ditos custos. Igualmente, esta porcentaxe poderá ampliarse ata o 15 por cento dos ditos custos, cando o beneficiario da subvención non subcontrate a realización da dita actividade.

4. Outros custos subvencionables: custos de avaliación e control da calidade da formación segundo o artigo 27 desta orde.

5. En todo caso, nestas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN 2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN 788/2009, do 25 de marzo, e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo.

6. Rastrexabilidade dos pagamentos: para aceptar os gastos como xustificados é necesario que se identifique claramente a correspondencia entre a factura/nómina e o xustificante de pagamento, aparecendo especificado o número de factura no concepto do xustificante bancario, posto que a simple coincidencia de provedor e importe non é garantía suficiente. Se o xustificante inclúe o pagamento de varias facturas e non se especificaron todas no concepto de xustificante bancario, o antedito xustificante deberá ir acompañado do total das facturas que estean afectadas por el. Así mesmo, en ningún caso se darán por válidos os xustificantes de pagamentos corrixidos con notas á man rectificando calquera equivocación.

Artigo 21. Pagamento e liquidación das subvencións

1. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres o beneficiario non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por resolución firme de procedencia de reintegro.

2. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados ás persoas beneficiarias nos supostos previstos no número 6, parágrafo terceiro, do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Documentación que hai que presentar:

– As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Emprego e Formación, dentro do mes seguinte ao remate da última acción formativa de cada convenio, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

Solicitude de liquidación final.

Relación de facturas.

Orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

Certificación dos gastos.

Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. A entidade beneficiaria deberá, así mesmo, cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme as instrucións que se establezan para o efecto naquelas, os seguintes documentos:

a) A certificación de finalización do plan, con especificación de cada acción formativa realizada da cal se comunicase o seu inicio no momento oportuno.

b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior á cantidade xustificada.

d) A documentación relativa ás actuacións de avaliación e control da calidade da formación.

e) As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendentes de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Documentación xustificativa relativa aos controis de aprendizaxe.

5. Cando non se presente a documentación xustificativa a que se refiren os puntos anteriores ou a documentación presentada sexa insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Emprego e Formación poñerá en coñecemento das entidades beneficiarias as insuficiencias observadas para que no prazo de 10 días sexan rectificadas.

Examinada a documentación presentada para a corrección das insuficiencias detectadas, ou transcorrido o dito prazo sen que se presenten, o órgano concedente procederá á liquidación final a partir dos xustificantes de gastos elixibles que consten no expediente.

6. Sistemas de pagamento.

O aboamento da subvención ás persoas beneficiarias farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 25 por 100 do total do orzamento de gastos do convenio, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de Emprego e Formación reciba comunicación da entidade beneficiaria en que se notifique o inicio dunha acción formativa. As entidades lucrativas deberán constituír garantía a favor da Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia), mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, segundo establecen os artigos 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co número 4 letra i do citado artigo deste regulamento quedarán exonerados de prestar esta garantía os beneficiarios das subvencións concedidas das que estes pagamentos non superen os 18.000 euros.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

7. Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os gastos ou pagamentos realizados. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se conceda non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados. Para a percepción dos pagamentos parciais, as entidades beneficiarias da subvención estarán exentas da constitución de garantías.

8. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación para o Emprego, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

Artigo 22. Execución

A execución do plan de formación será realizada pola entidade beneficiaria tendo en conta o establecido no artigo 17 da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, así como que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e destinarase á realización das accións formativas obxecto do convenio. En todo caso, durante a execución do plan de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a duración nin a modalidade delas, salvo autorización da Dirección Xeral de Emprego e Formación

Artigo 23. Instrucións de xustificación de custos e liquidación

A xustificación de custos e a liquidación económica das subvencións realizarase da seguinte forma:

1. Os datos de xestión da acción formativa deberanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poñerá á disposición dos centros.

2. A entidade beneficiaria deberá xustificar os custos en que incorresen na execución das accións formativas obxecto do convenio e que o gasto xustificado será o efectivamente pagado.

3. Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio, en orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada, despois de selar o orixinal, co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Estes documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación.

4. Cando de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, estas deberán ir acompañadas cos documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

5. Ao abeiro do artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias do programa regulado nesta orde poderán subcontratar, logo da comunicación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, por unha soa vez, e ata o 100 % da acción formativa, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa.

Non cabe a subcontratación nos plans de formación específicos nos cales se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade previstos no artigo 9 d) desta orde.

Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 por cento do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a subscrición a autorice previamente a Dirección Xeral de Emprego e Formación. Para tal efecto, solicitarase á solicitude o contrato que se prevea formalizar.

A empresa subcontratista deberá facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria.

A contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da entidade beneficiaria non se considerará subcontratación.

En ningún momento se poderá subcontratar coas persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención nesta convocatoria que non obtivesen subvención para o mesmo tipo de plan por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

No non previsto neste artigo, será de aplicación o artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 43 do Regulamento que desenvolve a lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

6. No caso de subcontratación, as facturas que emita a empresa subcontratista deberá conter unha desagregación suficiente para identificar os custos imputados a cada acción formativa. Esta desagregación deberá estar soportada documentalmente.

7. Cando as actividades formativas fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

8. O control da Consellería de Traballo e Benestar, como órgano concedente, esténdese á comprobación de que por parte da entidade beneficiaria se tiveron en conta as previsións do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Para o cálculo do importe que se lles aboará ás entidades efectuaranse dous rateos:

Primeiro rateo. No caso de que inicien a acción formativa un número de alumnas e alumnos inferior aos orzados, ratearase a cantidade para pagar en función do alumnado que a iniciase. Non obstante, non se aplicará penalización orzamentaria se se produce unha desviación do número de alumnos e alumnas, como máximo, do 15 % sobre o alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 15 %, aboarase pola cantidade real de alumnado iniciado.

Para estes efectos enténdese por alumnado iniciado na modalidade presencial, o número máximo que haxa no primeiro cuarto da acción formativa. Na modalidade de teleformación, para efectos de financiamento, só se terán en conta os alumnos e alumnas que realizasen polo menos o 25 % dos controis de aprendizaxe da acción formativa.

Segundo rateo. Se se producen abandonos de participantes na acción formativa, admitiranse desviacións de ata o 30 % do número de alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 30 %, aboarase pola cantidade real de alumnado finalizado.

Para estes efectos, entenderase por alumnado finalizado o que realice o 75 % das horas lectivas da acción formativa.

O importe que se aboará será calculado en función das cantidades resultantes dos dous rateos.

Artigo 24. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das obrigas establecidas nesta orde, na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia constitúen, así mesmo, obrigas da beneficiaria:

1. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo «Inviste no teu futuro» da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar).

3. Requirir de cada alumna ou alumno, cinco días antes da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada acción formativa:

– Copia simple do DNI.

– Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos grupos preferentes que se recollen no artigo 5, de ser o caso.

– Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada.

– Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, se é o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

– Diploma da Consellería de Traballo de ter cursado os módulos cos códigos FCOA02 Sensibilización ambiental e FCOI01 Alfabetización informática: a internet, de ser o caso.

4. Remitir á Dirección Xeral de Emprego e Formación:

a) Como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa, telematicamente, a través de aplicación informática:

– As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

– O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

– Relación nominal dos alumnos e alumnas, especificando o número do DNI e número de afiliación á Seguridade Social.

– A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa.

– Relación nominal das persoas docentes especificando os seus DNI.

– Acreditación da formación e/ou experiencia profesional das persoas docentes. No caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes, acreditación do cumprimento dos requisitos dos docentes que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Os docentes encargados da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica, deberán acreditar 30 horas de formación en materia de xénero e/ou 150 horas de experiencia profesional en materia de xénero.

– A documentación en que se reflicte a metodoloxía utilizada para o cálculo e imputación de gastos e a porcentaxe que se imputa, cando se trate dunha imputación parcial de gastos directos ou dunha imputación de gastos comúns a varias actividades.

Documentalmente:

– Autorización da persoa traballadora para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa, no marco da normativa de protección de datos, e declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que presenta son auténticos.

– Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, se é o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

– Copia da póliza de seguros contratada co xustificante do seu aboamento, de ser o caso.

– A solicitude de anticipo, de ser o caso.

b) Mensualmente, telematicamente a través da aplicación informática:

– Partes de asistencia.

– Comunicación de incidencias.

c) A entidade beneficiaria arquivará separadamente por cada acción formativa a seguinte documentación:

– Copia simple dos DNI do alumnado.

– Fichas de inicio.

– O programa completo da acción formativa temporizado por módulos.

– Ficha individual de cada alumna ou alumno.

– Documento que acredite que a persoa traballadora está ocupada ou desempregada na data de incorporación á acción formativa, de ser o caso.

– Os modelos de solicitude de inscrición recibidos.

– Os controis de aprendizaxe.

A non comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

5. No momento da solicitude de liquidación final, comunicar á Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar, por medio telemático ou en soporte dixital, os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe na modalidade de teleformación:

a) Plan de formación.

b) Acción formativa.

c) Grupo.

d) Documento de identidade do alumno ou alumna.

e) Código que permita identificar a proba e os resultados conseguidos polo/a participante. Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da acción formativa.

f) Indicativo de se a persoa participante realizou a proba. En caso afirmativo cubrirase:

– Data e hora en que foi desenvolvido o control.

– Tempo empregado para o desenvolvemento do control de aprendizaxe.

– Resultado obtido. A cualificación será traducida a: Superado/Non superado.

g) No caso de formación desenvolvida na modalidade de teleformación conducente á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes especificaranse os contidos que se impartirán na modalidade de teleformación e, en todo caso, requirirán a realización de, polo menos, unha avaliación final de carácter presencial.

6. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e da entidade beneficiaria, así como a relación dos e das docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

7. Aboar mensualmente ás e aos docentes a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde.

8. Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que poida efectuar a Dirección Xeral de Emprego e Formación, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores.

9. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado no caso das accións formativas de modalidade presencial, na parte presencial da modalidade mixta e nas probas presenciais da modalidade de teleformación, se é o caso, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa e incluirá expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse ningunha restrición nin exclusión por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

– En caso de morte: 36.000 €.

– En caso de invalidez permanente: 42.000 €.

– Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

10. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas.

11. Velar por que todo o alumnado dunha acción formativa reciba a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

12. Velar por que as e os docentes reciban unha contraprestación proporcional ás horas impartidas en cada acción formativa e ao seu módulo económico.

13. Comunicar á Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.

14. Solicitar á Dirección Xeral de Emprego e Formación, con cinco días naturais de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas, salvo en casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible.

15. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

16. Informar o alumnado do cofinanciamento das accións formativas por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

17. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a valoración técnica e a subvención que se vai conceder.

18. Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do plan formativo, así como ter á disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia das persoas participantes ás accións formativas, debidamente asinados por estas e segundo os requisitos mínimos que se establezan.

19. Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para as persoas participantes das accións formativas comprendidas no plan de formación.

20. Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión.

21. Ter realizado ou, se é o caso, garantido as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto.

22. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles de formación para o emprego.

23. A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo será de catro anos e computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte da entidade beneficiaria. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria.

As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia da citada documentación á Dirección Xeral de Emprego e Formación.

24. Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

25. Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

26. Os datos da xestión das accións formativas deberán introducirse en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poñerá á disposición dos centros. Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros solicitantes deberán dispoñer de saída á internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

27. A entidade beneficiaria informará as e os participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Emprego e Formación segundo o artigo 8 desta orde, facilitaralles os modelos de solicitude normalizada así como remitirá á citada dirección xeral nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación de solicitude xunto coa xustificación de asistencia á formación.

28. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación das resolucións de concesión.

29. As entidades beneficiarias das subvencións deberán acreditar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditar resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendentes de pagamento ninguha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

30. En aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo, de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, as entidades deberán dispor de follas de reclamación á disposición de todos os seus usuarios.

Artigo 25. Incumprimento de obrigas e reintegro

1. Segundo o artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procederá o reintegro total ou parcial da subvención ou da axuda pública percibida no suposto do incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

– O incumprimento por parte do beneficiario do prazo de realización ou de xustificación das accións concedidas, suporá de forma automática a perda do dereito á percepción da axuda concedida.

– A gradación dos posibles incumprimentos determinarase de acordo cos seguintes criterios:

a) No incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro do 100 % da subvención concedida. Igualmente, considerarase que existe incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non alcanza o 35 % dos seus obxectivos, medidos co indicador de número de horas de formación multiplicado polo número de alumnos.

b) No incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro parcial da subvención concedida. Cando a execución do indicador mencionado no parágrafo anterior estea comprendido entre o 35 % e o 100 % a subvención concedida minorarase na porcentaxe que deixou de cumprirse, sempre que os gastos fosen debidamente xustificados.

CapÍtulo V
Avaliación da formación

Artigo 26. Control e seguimento das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Emprego e Formación, as xefaturas territoriais da Consellería ou o persoal que se contrate para o efecto aplicarán o sistema de seguimento e control que coiden conveniente. Estas actuacións poderán consistir na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas ao alumnado e docentes, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 27. Avaliación da calidade das accións formativas

En cumprimento do establecido no artigo 33.5 da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, as entidades responsables de executar os plans de formación de oferta realizarán unha avaliación e control da calidade da formación que executen.

Para tal fin os beneficiarios considerarán como base das súas actuacións unha mostra representativa que cubrirá polo menos o 5 por cento dos grupos aos cales se impartirá a formación. Esta mostra cubrirá as accións do plan de formación tanto as priorizadas no ámbito correspondente como as transversais, así como as modalidades de impartición presentes no plan.

Entre as actuacións que se van desenvolver poderán incluírse as seguintes:

a) Actuacións de control:

Verificación en tempo real do correcto desenvolvemento da formación en aspectos tales como: locais, profesorado, horario, adecuación ao programa, entre outros.

Comprobación documental do cumprimento por parte dos centros de formación das súas obrigas en relación co convenio de formación: existencia de subcontratación autorizada por unha soa vez, control de asistencia, gratuidade da formación, publicidade da Consellería de Traballo e do Fondo Social Europeo, de ser o caso, verificación documental dos gastos do plan, entre outros aspectos.

Visitas de control interno ás oficinas onde se organiza ou xestiona o plan de formación respecto do cumprimento dos trámites e comunicacións que se realizarán fronte ao órgano concedente.

Calquera outra actuación complementaria das anteriores a través de requirimientos telefónicos, envío de circulares ou outros medios.

b) Actuacións de avaliación.

Poderanse realizar aquelas actuacións de avaliación que as entidades beneficiarias consideren axeitadas para garantir a eficacia, eficiencia e calidade dos seus plans de formación.

As actuacións de avaliación dependerán, en gran medida, dos obxectivos e criterios elixidos polas entidades beneficiarias.

c) Memoria de avaliación e control.

Presentarase un informe de resultados que conterá:

Descrición das actuacións realizadas no ámbito da avaliación e control.

Relación dos recursos materiais, técnicos e humanos que resulten necesarios para o desenvolvemento destas actuacións.

Deberanse incluír no informe de resultados as principais conclusións e recomendacións obtidas das actuacións de avaliación e control realizadas.

De acordo co previsto no artigo 2 da Resolución do 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se publican os cuestionarios de avaliación de calidade das acción formativas para o emprego, as entidades beneficiarias colaborarán co citado organismo, entre outras actividades, na distribución e posta á disposición das persoas participantes do cuestionario de avaliación de calidade das accións formativas.

Unha vez cuberto o cuestionario polas persoas participantes, as entidades beneficiarias procederán á súa custodia e gravación.

As entidades beneficiarias deberán destinar para a avaliación e control da calidade da formación ata un 5 % da subvención concedida, pero sen que en ningún caso se poidan superar os seguintes límites.

Subvencións de 50.001 a 150.000 €: ata 6.000 €.

Subvencións de 150.001 a 250.000 €: ata 8.750 €.

Subvencións de 250.001 a 500.000 €: ata 15.000 €.

Subvencións de 500.001 a 1.000.000 €: ata 25.000 €.

Subvencións de 1.000.001 a 2.500.000 €: ata 50.000 €.

Subvencións superiores a 2.500.000: ata 90.000 €.

Artigo 28. Rexistro dos convenios

1. As accións formativas inscribiranse, en galego, no rexistro da Dirección Xeral de Emprego e Formación no cal constarán as accións formativas impartidas ao abeiro de cada convenio co seu programa, a entidade beneficiaria, con especificación do número de alumnado de cada acción formativa, horas de duración, lugar de impartición, e especificación, se é o caso, das horas presenciais e en teleformación.

2. Os diplomas emitidos ao alumnado destas accións tamén serán rexistrados, e neles deberán constar os contidos establecidos no artigo 7.3 desta orde.

Disposición adicional primeira

A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nos programas 11.03.323b 481.0 e 11.03.323b 471.0 que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 2013 e 2014.

Estas axudas son cofinanciables polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 % no programa operativo plurirrexional Adaptabilidade e emprego número 2007ESO5UPO001, imputables ao novo período de programación dos fondos estruturais 2007-2013.

Disposición adicional segunda

Poderán efectuarse resolucións complementarias no caso de que haxa incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma que deberá provir de incorporacións, ampliacións, remanentes ou xeracións de crédito, e deberán ser obxecto de publicación no DOG. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Disposición adicional terceira

En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta; no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve. As/os beneficiarias/os das axudas reguladas nesta orde quedarán suxeitas/os ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Disposición adicional cuarta

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para a autorización, disposición, recoñecemento de obrigas, propostas de pagamento das subvencións reguladas nesta orde e resolver os procedementos de reintegros das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias, das cales derivan, ditadas por delegación da persoa titular da Consellería.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Accións formativas priorizadas-plans de formación específicos (artigo 16.2)

FAMILIA

ÁREA 

ACCIÓN FORMATIVA

Código

Descrición

Código

Descrición

Código

Descrición

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0270_2

Prevención de accidentes en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0271_2

Rescate de accidentados en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0269_2

Natación

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0272_2

Primeros auxilios

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF1082_2

Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF1083_2

Rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MP0186

Módulo de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MP0187

Módulo de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1874_3

Organización e xestión de servizos de información de interese para a xuventude

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1875_3

Organización e xestión de dinamización da información para a mocidade

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1023_3

Fomento e apoio asociativo

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1876_3

Organización de accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da educación non formal

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MP0245

Módulo de prácticas profesionais non laborais de información xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1442_3

Programación didáctica de accións formativas para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1443_3

Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1444_3

Impartición e titorización de accións formativas para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1445_3

Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe en formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1446_3

Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MP0353

Módulo de prácticas profesionais non laborais de docencia na formación para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0249_2

Hixiene e atención sanitaria domiciliaria

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0250_2

Atención e apoio psicosocial domiciliario

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0251_2

Apoio domiciliario e alimentación familiar

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1016_2

Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1017_2

Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1018_2

Intervención na atención sociosanitaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1019_2

Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MP0028

Módulo de prácticas profesionais non laborais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MP0029

Módulo de prácticas profesionais non laborais de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións

SEA

Seguridade e ambiente

G

Xestión ambiental

MF0078_2

Preparación de produtos biocidas e fitosanitarios

SEA

Seguridade e ambiente

G

Xestión ambiental

MF0079_2

Aplicación de medios e produtos para o control de pragas

SEA

Seguridade e ambiente

G

Xestión ambiental

MF0075_2

Seguridade e saúde

SEA

Seguridade e ambiente

G

Xestión ambiental

MP0322

Módulo de prácticas profesionais non laborais de servizos para o control de pragas

MAP

Marítimo- pesqueira

N

Pesca e navegación

MF0013_2

Montaxe de artes e aparellos de pesca

MAP

Marítimo- pesqueira

N

Pesca e navegación

MF0014_2

Mantemento de artes e aparellos

MAP

Marítimo- pesqueira

N

Pesca e navegación

MP0085

Módulo de prácticas profesionais non laborais de confección e montaxe de artes e aparellos

Accións formativas priorizadas intersectoriais (artigo 16.1)

FAMILIA

ÁREA 

ACCIÓN FORMATIVA

Código

Descrición

Código

Descrición

Código

Descrición

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.1

Accións formativas relacionadas coa administración, xestión económica e de proxectos e normativa

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.2

Accións formativas relacionadas coa dirección e os RR.HH.

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.3

Accións formativas relacionadas coa estratexia e organización empresarial

AGA

Agraria

J

Xardinaría

3.1

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

N

Gandaría

3.2

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

R

Forestal

3.3

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

U

Agricultura

3.4

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

COM

Comercio e márketing

L

Loxística comercial e distribución do transporte

6.1

Accións formativas relacionadas coa produción, loxística e distribución

COM

Comercio e márketing

M

Márketing e relacións públicas

6.2.1

Accións formativas relacionadas co márketing

COM

Comercio e márketing

M

Márketing e relacións públicas

6.2.2

Accións formativas relacionadas coa internacionalización

COM

Comercio e márketing

T

Compravenda

6.3.1

Accións formativas relacionadas coas vendas

HOT

Hostelaría e turismo

A

Aloxamento

11.1

Accións formativas relacionadas co aloxamento

HOT

Hostelaría e turismo

R

Restauración

11.3

Accións formativas relacionadas coa restauración

HOT

Hostelaría e turismo

T

Turismo

11.4

Accións formativas relacionadas co turismo

IFC

Informática e comunicacións

M

Comunicacións

13.2

Novas tecnoloxías da información e comunicación

IFC

Informática e comunicacións

T

Sistemas e telemática

13.3

Accións formativas relacionadas coa informática

MAP

Marítimo-pesqueira

N

Pesca e navegación

19.2

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

MAP

Marítimo-pesqueira

U

Acuicultura

19.3

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

23.2

Atención á infancia

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.1

Apoio na recepción e acollida en institucións de persoas

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.2

Apoio na organización de actividades para persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.3

Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

SSC

servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.4

Intervención na atención socio sanitaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.5

Animación social de persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.6

Mantemento e mellora das actividades diarias de persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.7

Técnicas de comunicación con persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.8

Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.9

Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.10

Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.11

Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.12

Apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.13

Interrelación, comunicación e observación coa persona dependente e o seu contorno

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.14

Xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.15

Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.16

Servizos a domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

G

Atención social

23.3.17

Axudas a persoas con dificultades de inserción

TMV

Transporte e mantemento de vehículos

I

Condución de vehículos por estrada

25.3.1

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

TMV

Transporte e mantemento de vehículos

I

Conducción de vehículos por estrada

25.3.2

Accións formativas relacionadas coa obtención de permisos de condución

FCO

Formación complementaria

S

Seguridad e saúde laboral

27.1

Accións formativas relacionadas coa prevención de riscos laborais, en especial, se conduce á obtención de tarxetas profesionais

FCO

Formación complementaria

27.2

Accións formativas relacionadas cos idiomas

missing image file