A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Os días 22, 23, 24, 25 e 29 de outubro de 2013.
4. Lugar de celebración:
CLT Consultores.
Rúa Muíños, nº 3, baixo.
15960 Ribeira (A Coruña).
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
Día 22.10.2013 |
|
16.45-17.45 h |
Introdución. Lexislación. |
17.45-19.15 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
19.15-21.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 23.10.2013 |
|
16.45-18.15 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
18.15-19.45 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
19.45-21.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 24.10.2013 |
|
16.45-19.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
19.00-21.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 25.10.2013 |
|
16.45-18.45 h |
Métodos de loita antivectorial. |
18.45-21.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 29.10.2013 |
|
17.00-18.00 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
18.00-19.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
19.00-20.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
20.00-21.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: os días 22, 23, 24, 25 e 29 de outubro de 2013.
Lugar de celebración do curso:
CLT Consultores.
Rúa Muíños, nº 3, baixo.
15960 Ribeira (A Coruña).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: en horario das 16.45 ás 21.00 h, agás o 29 de outubro que será das 17.00 ás 21.00 h.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 15 de outubro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel. 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
NOME: |
APELIDOS: |
||
CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA: |
|||
EMPRESA: |
SECTOR ACTIVIDADE: |
||
ENDEREZO: |
CP: |
||
LOCALIDADE: |
PROVINCIA: |
||
TELÉFONO: |
FAX: |
CORREO ELECTRÓNICO: |