Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2012).

Nº autos: execución de títulos xudiciais 185/2012.

Demandante/s: Sandra Villaverde de Francisco, María Monserrat López Botana, Pablo Antonio Céspedes García, Marta Sesar Segade, Andrea Mariana López Lamas, Laura Aparicio Chorén, Agustín Caamaño Abeijón, María Carmen Fuentes González.

Demandado/s: Grace Antonia Nouel Brache.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos 185/2012 e acumuladas deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat López Botana e outras contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 16 de setembro de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: ampliar o embargo realizado sobre os bens titularidade da executada, que son os seguintes:

Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais, por importe de 219.872,45 euros, dando de baixa a anotación existente.

Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial, e que ascende a 219.872,45 euros.

Ben inmoble, consiste no 50 % do predio número 2.227:

Dado que o 50 % do predio referido é titularidade de Beatriz Rodríguez Nouel, previamente a librar mandamento ao Rexistro da Propiedade número 2 desta cidade, para anotar a ampliación de embargo, notifíquese a Beatriz Rodríguez, para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario, para os efectos oportunos. Lévese a cabo a través do DOG, por constar nos autos negativo o intento no domicilio que consta nas bases de datos informáticas.

Verificado o anterior, líbrese mandamento coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para que se faga a anotación preventiva do embargo no Rexistro da Propiedade e se remita ese mandamento (inserir medio polo que se envía o mandamento, xa sexa por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC) no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que o graven ou, de ser o caso, que está libre de cargas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do social número 3, aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00301846420005001274, e deberá indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, así como a Beatriz Rodríguez Nouel, esta última para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

A secretaria xudicial