Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 238/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT, Lago-Paraíso.

Situación: concello de Valdoviño.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea CRN-708A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, coa orixe no apoio nº 94 da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada a CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles, en condutor LA-110 mm2, e final no apoio nº 96D da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada a CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, coa orixe en paso aerosubterráneo que se vai realizar en apoio proxectado nº 95 da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada a CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles, condutor RHZ1, e final no CT Lago Paraíso (expediente 27.415).

Reforma centro de transformación non prefabricado Lago-Paraíso (expediente 27.415), cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña