Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 77/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT en lugar de Costa Alvedro deslindamento Aeroporto.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,656 km, coa orixe no paso aerosoterrado proxectado en apoio nº 2 existente da LMT SBN-717B, no tramo entre o CT Fonte Igrexa (expediente 242/2003) e o CT Club A Garrocha (expediente 267/2010), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV- 3(1×240) Al, e final no paso aerosoterrado proxectado en apoio nº 8 existente da LMT SBN-717B (expediente 267/2010), no tramo entre o CT Fonte Igrexa (expediente 242/2003) e o CT Club A Garrocha (expediente 267/2010).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña