Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación de corte de vacún de leite en Friolfe-Mato.

Óscar Liz Fernández solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto construtivo de ampliación de corte de vacún de leite que se situará en Friolfe-Mato, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

O Páramo, 25 de setembro de 2013

Gumersindo Antonio Rodríguez Liz
Alcalde