Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización de contrato do servizo de xestión comercial de voluminosos recollidos no termo municipal de Ourense.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de xestión comercial de voluminosos recollidos no termo municipal de Ourense:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Número de expediente: ref. 2245.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión comercial dos voluminosos recollidos no termo municipal de Ourense.

c) CPV: 90500000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 23 de xaneiro de 2013 e 8 de febreiro de 2013 (DOG), e 24 de xaneiro de 2013 e 7 de febreiro de 2013 (BOP).

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 64.837,50 euros. IVE: 6.483,75 euros. Importe total: 71.321,25 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de agosto de 2013

b) Data de formalización: 10 de setembro de 2013.

c) Contratista: Estévez Container Orensanos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 55.111,87 euros. IVE: 5.511,19 euros. Importe total: 60.623,06 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta admitida cumprindo a súa oferta con todas as prescricións do prego.

Ourense, 10 de setembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde