Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 39016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública relativo a un curro ovino e esterqueira.

Javier Rodríguez Barreal solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de construción de curro ovino e esterqueira, instalación de foxa de lixiviados e execución de peche de parcela, en Froián, San Sadurniño, Quintela, polígono 50, parcela 96, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante ese prazo poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 3 de setembro de 2013

José Antonio García López
Alcalde