Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 39017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública relativo a unha balsa de xurro.

José Manuel López López, solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para construción de balsa de zurro, en Corvelle, polígono 13, parcela 99, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante ese prazo poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 4 de setembro de 2013

José Antonio García López
Alcalde