Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 39015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación agrícola en Leboro.

Alberto Lamazares Casero solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación avícola, situada no lugar de Leboro, parroquia de Río-Rodeiro (parcelas catastrais núm. 228 e 230 do polígono 84 do catastro de rústica do concello de Rodeiro).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 25 de setembro de 2013

Concepción I. Somoza Calviño
Alcaldesa en funcións