1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 141/2013.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de enrutado de tráfico e dispositivos de prevención de intrusións para a mellora da malla troncal da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega de subministración obxecto do presente contrato será de 3 meses a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos a subministrar deberán estar instalados, configurados e postos en produción.
A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 495.868,00 €, máis 104.132,28 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 600.000,28 €.
Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19606
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 4.11.2013.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro da Amtega.
2. Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa ao sobre 2 indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 25.9.2013.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia