Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 39013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de información pública sobre actividade de centro de cría canina.

Mª Rosario García Lorenzo solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de centro de cría canina na Cigoñeira, 36, Damil.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Begonte, 9 de setembro de 2013

José Ulla Rocha
Alcalde presidente