Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 39007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia (expediente 24/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 24/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio existente en diferentes organismos e entes dependentes da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: esta contratación recolle os seguintes prazos de entrega parciais:

Entrega 2013: 15 días contados a partir da data de formalización do contrato.

Entrega 2014: no mes de febreiro de 2014.

Entrega 2015: no mes de febreiro de 2015.

Entrega 2016: no mes de febreiro de 2016.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 4.414.741,59 €, máis 927.095,76 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 5.341.837,35 €, distribuíndose nas seguintes anualidades:

▪ 2013: 615.499,15 € + IVE (129.254,83 €) = 744.753,98 €.

▪ 2014: 1.471.580,53 € + IVE (309.031,92 €) = 1.780.612,45 €.

▪ 2015: 1.471.580,53 € + IVE (309.031,92 €) = 1.780.612,45 €.

▪ 2016: 856.081,38 € + IVE (179.777,09 €) = 1.035.858,47 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19593

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 4.11.2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia.

2. Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa ao sobre 2 indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 25.9.2013.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia