Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38373

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013 pola que se convoca o curso Delitos contra a seguridade viaria: test de control de drogas na condución.

Dentro das actividades programadas para o ano 2013, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a convocatoria do curso Delitos contra a seguridade viaria: test de control de drogas na condución:

1. Datos da actividade.

Denominación: Delitos contra a seguridade viaria: test de control de drogas na condución.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

* Tentar dotar os policías locais dun maior nivel de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao perfil que a sociedade actual require e demanda dos axentes e corpos de seguridade.

* Dotar os policías locais dos coñecementos necesarios para a detección, mediante a exploración de signos físicos, dos condutores que poidan encontrarse baixo a influencia de drogas tóxicas ou estupefacientes.

* Repasar cales son os distintos tipos de drogas tóxicas/estupefacientes e a súa influencia na condución, e coñecer tamén cales son as novas tendencias de consumo.

* Aprender como realizar as probas de detección, contraste e remisión ao laboratorio dos test de drogas usados na actualidade polos corpos de seguridade.

* Establecer e clarificar os distintos ámbitos administrativo e penal nas probas de drogas.

Contido:

1. Marco xurídico e lexislativo.

2. Principais drogas/fármacos.

2.1. Aspectos descritivos e epidemiolóxicos.

2.2. Influencia na condución.

3. Metodoloxía analítica.

3.1. Mostras biolóxicas.

3.2. Técnicas analíticas de laboratorio.

4. Operativa policial.

4.1. Lexislación e procedementos.

4.2. Exploración de signos.

5. Manexo de dispositivos de detección de drogas.

5.1. Análise do dispositivo drager drugtest 5000.

5.2. Realización de probas reais.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal ao servizo da Administración local pertencente aos corpos de policía local e, de xeito complementario, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Prazas ofertadas: 30 prazas.

Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Publicación: esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 3 de outubro de 2013.

As solicitudes de participación e documentación complemetaria que se exixa deberán remitirse por escrito ao Negociado de Formación da Deputación Provincial:

– Por e-mail: formacion@depourense.es

– Por correo: Deputación Ourense-Negociado de Formación. Rúa do Progreso, 30-2º, 32003 Ourense.

– Ou presentando a documentación no Rexistro Xeral da Deputación Provincial.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

A lista de seleccionados en cada curso exporase oficialmente no taboleiro de anuncios do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; e ao mesmo tempo, os peticionarios poderán obter información sobre a súa admisión chamando o teléfono 988 38 51 42 ou consultando na páxina web www.depourense.es

Criterios de selección:

a) Menor número de cursos realizados polo/a alumno/a solicitante nos últimos cinco anos, segundo consten nas bases de datos da academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de cursos, terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade.

Obrigas das persoas seleccionadas:

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo desta.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen para as cales reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar:

O curso impartirase nas aulas de formación da Deputación Provincial de Ourense.

Horario:

Das 9.30 ás 13.30 e das 15.30 ás 19.30 h.

Data de comezo:

7 de outubro de 2013.

Data de remate:

11 de outubro de 2013.

Certificado de asistencia:

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

5. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

6. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 20 de setembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública