Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38378

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para o seguimento dunha planta piloto de cultivo de microalgas na EDAR de Guillarei (Tui).

Sen importe

14.6.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de acondicionamento hidráulico do río Con na rúa Florida, en Vilagarcía de Arousa, de clave OH 436.1004, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do P.O. Feder Galicia 2007-2013.

603.362,41

14.6.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do 13º Congreso Mundial de Dixestión Anaerobia.

5.000,00

17.6.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e execución das obras de adecuación do leito e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no termo municipal de Sarria (primeira fase), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación das ditas obras.

6.700.000,00

19.6.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

50.000,00

4.7.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universitat Politécnica de Catalunya relativo ao Proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

49.119,91

8.7.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade da Coruña relativo ao Proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

48.176,25

8.7.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a empresa Amphos 21 Consulting, S.L. relativo ao Proxecto de parzaría de apoio técnico á consolidación da Administração Regional de Águas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

109.946,80

8.7.2013