Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO de información pública sobre a construción de silo trincheira para forraxe.

José Fernández Puga, en representación de Ganadería Xicón, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de silo trincheira para forraxe que se situará en Trabada, parcela 50, pol. 4, zona 9. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Trabada, 10 de setembro de 2013

José Manuel Yanes Ginzo
Alcalde