Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre legalización de nave existente e actividade de taller de reparación de automóbiles.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Cendón Otero, S.L.

Actividade: legalización de nave existente e actividade de taller de reparación de automóbiles, ramas mecánica, electricidade e carrozaría de vehículos industriais.

Localización: Barrio Cruz Vermella, nº 4 (Verín).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente está ao público no Servizo de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Verín, 9 de setembro de 2013

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde