Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre instalación de planta de almacenamento e regasificación de gas natural líquido.

Gas Galicia SDG, S.A. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha planta compacta de almacenamento e regasificación de gas natural líquido (GNL) para subministración de Santa Comba (A Coruña), no lugar de Mourelle, polígono 59, parcela 219, de acordo coa separata para o Concello ao proxecto de autorización e execución de instalacións. Planta compacta de almacenamento e regasificación de gas natural líquido (GNL) para subministración de Santa Comba (A Coruña) así como documento de información complementaria ao referido proxecto, redactados polo enxeñeiro industrial Alfonso Vázquez Varela.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 11 de setembro de 2013

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde