Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación dos servizos de reparación e mantemento de diversos centros de educación infantil e primaria e na Unidade Asistencial de Drogodependencias deste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 12 de setembro de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 40/2013).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de reparación e mantemento de diversos CEIP e na UAD do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 144.000 euros (119.008,26 euros + 24.991,74 euros en concepto de IVE), e un prazo de execución dun ano.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 12 de setembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde