Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha carpintaría nunha nave no parque empresarial de Alvedro (Almeiras).

Carpintería Ebanistería Arce, S.L. solicitou unha licenza municipal para a apertura dunha carpintaría nunha nave situada na rúa I - nave 6 do parque empresarial de Alvedro (parroquia de Almeiras). O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 6 de setembro de 2013

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo