Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación do proxecto de expropiación para a execución das obras de construción dun paseo no leito do Regueiro (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

Por medio deste anuncio, e para os efectos do disposto nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa, 17 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que no BOP número 182, do 23.9.2013 (páxs. 37 a 40), figura o anuncio de aprobación do proxecto de expropiación para a execución das obras de construción dun paseo no leito do Regueiro (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

A Cañiza, 23 de setembro de 2013

Miguel Domínguez Alfonso
Alcalde