Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases dunha praza de técnico de Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 162, do 27 de agosto de 2013, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade da seguinte praza:

Convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de concurso-oposición, por promoción interna, dunha praza de técnico de Administración xeral, persoal funcionario de carreira, escala Administración xeral, subescala técnica, do Concello de Arteixo, aprobadas na Xunta de Goberno do 14 de agosto deste ano.

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do concello, dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 30 de agosto de 2013

Por resolución (Decreto 2974/2013)
José Mª Sánchez Novo
Alcalde accidental