Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador S-P-07.13 en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador S-P-07.13 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-07.13.

Interesada: María Fernanda Grande Santos.

Último domicilio conocido: rúa Lorenzo de la Carrera, 2, Baiona (Pontevedra).

Feitos imputados: obras de substitución de carpintaría metálica no baixo do edificio nº 2 da rúa Lorenzo de la Carrera e a instalación dunha máquina expendedora na rúa Ventura Misa, no conxunto histórico de Baiona, sen licenza municipal e sen a autorización previa e preceptiva da Consellería de Cultura.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.