Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO polo que se publica nova convocatoria de cinco (5) prazas de auxiliares administrativos da oferta ordinaria de emprego público do ano 2010, por estimación de senllos recursos de reposición interpostos contra as bases específicas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 178, do 5 de agosto de 2013, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover, entre outras, cinco (5) prazas de auxiliares administrativos pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar e clase auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Posteriormente, no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 218, do 21 de setembro de 2013, publicáronse integramente novas bases específicas aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 6 de setembro de 2013 e que modifican as anteriormente publicadas no BOP núm. 178, do 5 de agosto de 2013, ao estimar senllos recursos potestativos de reposición contra as mesmas.

As mencionadas bases específicas modificadas rexerán a convocatoria das referidas.

– Cinco (5) prazas de auxiliares administrativos, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar e clase auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

Na mesma Xunta de Goberno Local acordouse considerar como válidas, para os efectos do disposto no número 3.1 das bases xerais para cubrir as prazas da oferta de emprego público-2010 (Boletín Oficial da provincia núm. 178, do 5 de agosto de 2013), todas aquelas solicitudes recibidas no Rexistro Xeral do Concello no prazo establecido no anterior anuncio da convocatoria publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 191, do 10 de agosto de 2013.

Así mesmo, publicarase un novo anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado abríndose deste xeito un novo prazo de presentación de instancias, que se presentarán durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da súa publicación.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de edictos do concello e no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

O Pereiro de Aguiar, 23 de setembro de 2013

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde