Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da addenda nº 10 ao inventario de camiños do Concello do Porriño.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 26 de agosto de 2013, aprobou inicialmente a addenda nº 10 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar inicialmente a addenda ao inventario de camiños municipais n° 10/2012 en núcleos rurais redactado por Lagares Ingeniería, S.L. co seguinte contido:

– Redución do camiño n° 417 en Santo André-Pontellas.

2º. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello».

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 28 de agosto de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde