Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación da ordenanza nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Porriño.

O Pleno da Corporación municipal do Concello do Porriño, na sesión ordinaria do 26.8.2013 aprobou inicialmente a modificación da ordenanza nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal, mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual da ordenanza n° 2 do PXOM.

2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, dous xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do Concello.

3º. Dar audiencia aos concellos limítrofes por un prazo de dez días hábiles para os efectos da presentación das alegacións e reclamacións que consideren convenientes.

4º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derruba nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 30 de agosto de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde