Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación do cemiterio municipal en Chan da Ponte.

O Concello de Salvaterra de Miño está a tramitar o proxecto para a ampliación do cemiterio municipal de Salvaterra de Miño, que se situará no polígono industrial Chan da Ponte-Salvaterra. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello, polo período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante ese prazo, poidan examinar o expediente na secretaría municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Salvaterra de Miño, 2 de agosto de 2013

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde