Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38294

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública relativo a un taller en Chan da Ponte.

María del Carmen Alejandro Rodríguez solicitou licenza municipal para a actividade de taller, que se situará en Chan da Ponte, nº 2, nave 6, Salvaterra. De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello, polo período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza, co fin de que durante este prazo poidan examinar o expediente na secretaría municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Salvaterra de Miño, 7 de agosto de 2013

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde