Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo de asistencia e apoio administrativo e tecnico en materia de inspección tributaria.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2269.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: tres anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79221000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 52 puntos.

– Proxecto de prestación do servizo:

– Programación ou planificación dos traballos: ata 12 puntos.

– Metodoloxía dos traballos, manuais de procedemento e sistema de avaliación da calidade dos servizos prestados, con mención expresa aos indicadores de xestión propostos: ata 12 puntos.

– Medios persoais adscritos ao proxecto: estrutura xerarquizada do persoal adscrito á execución do contrato, coas funcións que correspondan a cada un e a dedicación (a tempo completo, temporal ou parcial segundo a programación proposta): ata 12 puntos.

– Medios materiais, con especial mención ás ferramentas informáticas (software e hardware) empregadas, o lugar de traballo (no caso de que a licitadora propoña o establecemento dunha oficina no termo municipal) e aqueles outros que redunden nunha mellor prestación do servizo: ata 12 puntos.

Nesta epígrafe valorarase a compatibilidade entre o software do licitador e a aplicación de xestión tributaria do Concello de Ourense GT-WIN, produto TAO de T-Systems, e, como mellora e ata 3 puntos dos 12 atribuídos aos medios materiais, a entrega ao concello das licenzas do dito software e o seu mantemento durante o prazo de duración do contrato.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 1.000.000 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas).

b) Tipo de licitación: como máximo o 25 por 100 (IVE non incluído) sobre a débeda tributaria cobrada.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % da cantidade resultante de aplicarlle a porcentaxe que oferte o licitador á cantidade de 3.000.000 euros.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 2, categoría b.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Domicilio: Concello de Ourense; praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de setembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde