Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación inicial das modificacións puntuais números 4 e 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno, en sesión extraordinaria do 23 de setembro de 2013, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis no ámbito da igrexa de Fisteus para a redelimitación da dotación do cemiterio en solo de núcleo rural, e a modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis no ámbito da estación de ferrocarril para a redelimitación de dous espazos libres en solo urbano consolidado.

De conformidade co establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, os expedientes estarán expostos ao público na Secretaría municipal durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

Teixeiro, 23 de setembro de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde