Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38139

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre actividade de adega na Ciudá (Moreda).

Neste concello estase a tramitar expediente promovido por Gloria Alvarín Losada para a obtención de licenza de actividade de adega na parroquia de Moreda, A Ciudá, nº 6, da nosa cidade.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Monforte de Lemos, 5 de setembro de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde