Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38140

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de recollida e transporte de residuos sólidos municipais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013/044.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de recollida e transporte de residuos sólidos municipais do Concello de Oroso.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: dividido en tres lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza do Concello, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

e) Prazo de execución/entrega: catro anos.

f) Admisión de prórroga: si, prorrogable por anualidades ata un máximo de dous anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 786.706,49 euros. IVE (10 %) 78.670,65 euros. Importe total: 865.377,14 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo R, subgrupo 5, categoría b ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase o artigo 4 do prego.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15.10.2013.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2. Domicilio: praza do Concello, 1.

3. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza do Concello, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5.9.2013.

Oroso, 5 de setembro de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde