Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial do Sistema xeral de infrestruturas de saneamento de abastecemento de auga e de saneamento e suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de agosto de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan especial do Sistema xeral de infraestruturas de saneamento de abastecemento de auga e de saneamento, redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P., e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado conforme o artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A expresión gráfica queda reflectida no plano de suspensión de licenzas que se xunta.

O expediente sométese a información pública durante un mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. Simultaneamente notificaráselles individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados.

Lugar de exposición do expediente: Secretaría (1º andar da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 2 de setembro de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde

missing image file